Libraría Cartabón: “Nós sempre recomendamos libros en galego”
Independencia e liberdade. A libraría Cartabón vén de facer 40 anos ás portas do Calvario en Vigo, centrada na venda do libro en galego. Gonzalo e Maribel, Maribel e Gonzalo, son toda unha institución no seu e non agochan a súa satisfacción polo camiño percorrido, que os sitúa a día de hoxe como unha libraría de barrio totalmente independente. “Non lle debemos nada a ninguén; vivimos sen subvencións e facemos o que cremos que está ben”, defenden.