Saibran publica “Meu”, un tema “escuro, sucio e directo”

“Cos ollos achinados como Yao Ming,

Quedándome calvo como un shaolin,

Ahora me cuido sólo bebo mahou sin,

Porque o escenario é como un puto ring” 

 Así comeza o novo de Saibran, “Meu”, petisco do que será o seu primeiro disco, Atardecer harmonioso con gotas de primavera, que amencerá o 5 de decembro. 

“Meu” é un tema escuro e sucio. É nocturno e directo. Achégase ao máis fondo mais, se cabe, tamén abre a porta a un novo inicio, segundo apuntan desde a banda liderada por Cibrán García (Boyanka Kostova).

Cunha base de Møu (DKTC, Lumedoloop), e con Julián Goicoa no baixo e Fiz García na batería, Meu  contrapón a actitude do rap máis descarado coa fraxilidade emocional e a instrospección. "Teño cheo o cenicero, cada calada unha neurona menos, cada colilla un problema que enterro, queda gardada dentro do cerebro, teño que facelo si non me quebro e..." canta Cibrán García.

Créditos

Letra: Cibrán García

Música: MØU

Grabación y mezcla: Julián Goicoa

Producción: MØU

Batería: Fiz García

Baixo: Julián Goicoa

Máster: Cem Oral/Jammin Masters

Deseño: Maru Astray

Edita: Tremendo Audiovisual

Director do videoclip: Fer Areal Alvite

Operador de cámara: Alvite Peillet

Iluminación: Alvite Peillet

Tamén che interesa

  • “Rico de Sabor”, retranca contra o capitalismo na presentación de Lumedoloop

    “A miña conta non é como as demais,/ é sentida, tímida, ruborízanse ata os decimais./ Os caixeiros, en vez de cartos, sóltanme kleenex,/estou tentado en voltar ao crime".

    “Rico de Sabor” é a carta de presentación de Lumedoloop, o novo proxecto de hip hop en galego que nace da man de Jamas e Møu, membros fundadores de Dios Ke Te Crew, xunto a DJ Mil, un dos DJs máis recoñecidos da escena urbana galega.

    Nunca está de máis cantar contra o capitalismo e "Rico de Sabor" nace como un "manifesto" do materialismo afectivo fronte á aritmética fría do capital. Unha denuncia, en clave de retranca, da gran contradición do noso tempo: un sistema que promete abundancia para todos mentres estruturalmente require a escaseza da maioría, segundo explican desde a banda.

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. Pioneiros, con Dios Ke Te Crew

    O Café Derby 21 pecha este ano 2023 cun episodio moi especial para porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Para iso, achegáronse a Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram , banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego.

    Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, no Café Derby puxeron calma para afondar no tema do programa: Pioneiros. E repasaron os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Boyanka Kostova e Galician Army propoñen facer “O Mal” nesta noite de Defuntos

    «Son un bo chaval que está facendo o mal/ facendo o mal nun festival/ imos acabar no correccional, imos acabar en Pereiro de Aguiar», son algúns dos versos de  “O Mal”,  o novo single de Boyanka Kostova xunto a Galician Army.  A medio camiño entre o trap electrónico, o hard-bass e a rave máis frontal este potente tema ben pode unirse á banda sonora nesta noite de Defuntos nunha boa festa.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.