
Vinte no patio. Os mellores contidos de VINTE para consumires de camiño á escola, no patio e tamén na clase.
Aquí atoparás vídeos, podcasts, xogos e outros formatos cos que aprender e gozar dos contidos dixitais en galego.
Aquí atoparás vídeos, podcasts, xogos e outros formatos cos que aprender e gozar dos contidos dixitais en galego.
Neste videoensaio María Yáñez proponnos, a través da súa experiencia persoal, unha viaxe desde os inicios da internet galega ata as portas da chegada das redes sociais. Un repaso a como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, as primeiras webs en galego, os primeiros medios dixitais, as primeiras plataformas sociais de contido, que naceron desde abaixo, colectivamente e con dúas motivacións principais: a lúdica e a activista.
En que fala a xente nova na Galicia dos anos vinte? Nesta minipeza documental preguntámoslles a distintas persoas do universo VINTE pola súa relación coa lingua e pola súa perspectiva en canto á situación do galego.
NALINGUA, Lecturas dun neofalante, é un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega desde a ollada dun de Valladolid. Unha análise sen academicismos nin pretensións, só o xeito dun neofalante de amosar o seu agarimo polo galego e pola súa literatura.
Un podcast producido por Laboratorio de Radio e Vinteco apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Como era a Galicia dos anos 20 do século XX? Nesta serie de vídeos explicativos animados botámoslle unha ollada á sociedade galega de hai 100 anos.
Unha serie escrita e dirixida por Antón Varela. Voz en off: Lucía Aldao.
O Café Derby 21 é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada quince días. Atópanos en redes como @cafederby21 para informarte sobre futuros directos. Estrea cada dous mércores en VINTE e nas plataformas de audio habituais.
FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.
Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira arredor, precisamente, das BESTAS, da “bestalidade“, da brutalidade, da ira e o enfado, de todo aquilo que nos converte en bestas.
Co patrocinio de
Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. Quixemos falar cun experto na materia: Alberto Vázquez, cineasta, artista gráfico, guionista e un longo etcétera, que vén de presentar o seu novo filme Unicorn Wars, antes de resolver se gaña o premio Goya ao que aspira.
Co patrocinio de
Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Con Lúa Mosquetera, artista 360º e amiga do programa, e Anxela Baltar, metade do grupo BALA, falamos do rompedor, iso que racha co establecido e aporta un novo vento e, entre outros temas, achegámonos á poesía Beat e o trato que se deu ás mulleres do movemento co paso do tempo, lembrando as súas historias e como foi aquel tempo convulso e excitante.
Co patrocinio de
Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo, que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada, unha compilación dos seus artigos nos primeiros anos do novo milenio e editado por Rodolfo e Priscila. E para falar con el achegámonos ata o Café Universal, onde se celebrou o 4º aniversario de VINTE. Unha festa na que falar de festa presentando unha suposta festa equivocada.
Co patrocinio de
Achegámonos ata o Culturgal e falamos co actor Tamar Novas, gañador do premio Goya e candidato en varias ocasións aos Mestre Mateo, que presenta o filme O corpo aberto, unha historia de lendas e superstición nun mundo ao límite baseado nun texto de Méndez Ferrín.
Co patrocinio de
Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxamos ata a cidade amurallada para conversar na Libraría Trama coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut editorial, 'Gallina Clueca'.
Co patrocinio de
Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para parolar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente.
Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥
Para iso contamos con parte da nosa familia, Lucía Estévez e Miguel Canalejo, dúas persoas 360 do audiovisual galego. Recordamos a historia de Joan Crawford e Bette Davis para reflexionar sobre egos, pelexas de divas, inimizade patriarcal ou rivalidade de prensa
Xeración Sónica é un proxecto da Concellaría de Xuventude de Pontevedra no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música, titorizados por Violeta Mosquera de Bala (batería e composición), Alejandro Alonso - Bonobo (composición e produción musical) e Gonzalo Maceira (produción musical). O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas. Hoxe coñecemos a Maloserá, formada por Celia, Jorge, Carmen e Cecilia.
Este ano foi o dos estouridos e fenómenos, de éxitos en moitos ámbitos, por iso queremos pechar o ano acompañadas pola Palabra do Ano segundo unha enquisa da RAG. Bueno, non coa palabra en si mesma. Con Olaia, Aida e Sabela. Vaia, as Tanxugueiras! Que así entendémonos todxs. Virais ata máis non poder polo talento e carisma que liberan, Tanxugueiras é unha das opcións favoritas no Benidorm Fest, preselección para Eurovisión. Con elas tres falamos desta aventura e do proceso, das sensacións e emocións, da posta en escea que pode ter Terra e das súas favoritas (pero non cos rivais, que todas son amigas).