VINTE con Xeración Sónica: a banda Vermes
Xa coñecemos a Vermes o ano pasado, pero cunha nova formación e novos roles na banda volvemos falar con eles para que nos conten sobre o rock alternativo que tocan ao seu estilo. Javier, Emma, Anxo e Pablo teñen entre 14 e 15 anos e están a traballar na súa cuarta canción xuntos no seu segundo ano participando en Xeración Sónica, a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra con Estudo Bonobo e Artecalavera.
Xeración Sónica é un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música no Local de Música de Pontevedra.
Créditos
Realización e edición: Miramemira
Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra