A que sabe un país? Dicir que sabe só á súa tradición é simplificar, á parte de que a cuestión acaba por levarnos de cabeza a outra pregunta -que é a tradición, en realidade?- que, nun bucle infinito, terminaría por dirixirnos a outras, sucesivas, sen darnos unha resposta clara.
Un territorio non ten un sabor único, de igual xeito que unha cultura non ten únicamente unha expresión; ten, de feito, o arrecendo dunha acumulacion de elementos, de capas distintas, superpostas, que dan forma a unha realidade única, marcada polo lugar e, sobre todo, polos xeitos, cambiantes, nos que a xente se relaciona neles a través da alimentación.
Vinte en ruta regresa cunha proposta para visitar un destino moi gorentoso nas terras de Ferrol a Betanzos.