Café Derby 21. A SOBREMESA, con Jorge Guitián
Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche e arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastronómico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da SOBREMESA e gastronomía. Para acompañar a conversa, eliximos tres doces típicos da provincia da Coruña que vertebran o que argumentamos ao longo do programa:
- Os melindres da Estilo (@dulceestilo_reposteria)
- A larpereira de Lorbé (@panaderia_lorbe)
- As maruxas de nata (@maruxasdenata)
Xunto ao experto na materia, repasamos cuestións arredor da repostería, o doce, os biscoitos, a tradición, o papel histórico e fundamental da muller na gastronomía, o factor xeracional, a sobremesa como cultura e moitos máis temas. Todo acompañado por un delicioso café de selección e estes selectos productos!
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.