
Isabel Garrido. Caneos e paixón enriba do escenario
«Querer contar, querer facer, ser vista». Isabel Garrido ten unha pulsión interior que a leva cara a adiante. Unha forza que a subiu aos escenarios desde moi pequena para facer teatro e que a levou a participar no seu primeiro proxecto audiovisual profesional con 21 anos.