Retratos dunha escena plural

Miniserie audiovisual que retrata diversas figuras destacadas da danza e das artes vivas en Galicia, en colaboración co proxecto 'Cara a unha escena plural'. Co apoio do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte a través do financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU.

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural: Andrea Quintana

    Andrea Quintana descubriu e moi nova a danza contemporánea e a súa vida xa non volveu ser a mesma. O seu traballo está atravesado por ser un corpo antinormativo que non encaixaba nos estereotipos de bailarina de danza clásica. Esa disidencia e diversidade, xunto co humor, é unha das súas características como artista.

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha Escena Plural: Ánxela Blanco

    Ánxela Blanco  (A Coruña, 1983) empezou a formarse como bailarina con 20 anos e ao pouco tempo xa estaba traballando e preparando as súas propias propostas con carácter profesional. En 2011 presentou 'Fume', un espectáculo a partir das imaxes dunha das curtas de Óliver Laxe, co que tivo o Premio Nacional de Creación Joven. E a partir de aí seguiu preparando pezas coreográficas de formato variable, coas que quere reflexionar sobre realidades sociais e formular preguntas incómodas. Mais os seus procesos son variados, singulares e colaborativos, grazas ás bandadas de compañeiras coas que partilla viaxe.

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural: Jaime Pablo Díaz

    Comezou con 6 anos no grupo de baile tradicional Terra Meiga de Ferrol, onde era o único neno que bailaba. Iniciou a súa carreira profesional no Ballet Rey de Viana e despois creou Nova Galega de Danza, onde achegou a danza contemporánea á danza tradicional, como xa se empezaba a facer coa música. Á fronte desta compañía leva case dúas décadas sorprendendo o público galego e internacional con espectáculos como Alento, Engado, Tradicción ou o máis recente, Leira. 

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural: Nuria Sotelo

    Nuria Sotelo sempre quixo bailar pero estudou Veterinaria e traballou en saneamento gandeiro varios anos, mentres asistía a clases de danza e todo canto curso de artes escénicas se lle puña por diante. Puido dedicarse profesionalmente á danza cando entrou no Centro Coreográfico Galego, e máis tarde fundou a compañía Licenciada Sotelo, coa que sacou adiante varios espectáculos con ela como coreógrafa e única intérprete, e tamén colaborando con outras artistas. Agora está a reinventar o camiño da súa compañía mentres activa na súa aldea de Amiadoso (Allariz) o proxecto A Casa Vella, onde xuntar a xente das artes vivas coas veciñas e veciños do rural.

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural: Olga Cameselle

    Remata a serie de entrevistas a profesionais da danza e das artes vivas en Galicia con Olga Cameselle, unha veterana sempre en contacto coa mocidade e coas novas propostas. Ecléctica e "working class", como di ela, desde Vigo impulsa ademais A Artística, un espazo de encontro e produción de artes e movemento.

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural. Rut Balbís

    Primeira entrega dunha miniserie de entrevistas con figuras destacadas da danza e das artes vivas en Galicia, en colaboración co proxecto 'Cara a unha escena plural'. Comezamos co retrato de Rut Balbís, fundadora da compañía 'Pisando ovos'. Máis que un nome, unha maneira de entender o movemento e o traballo dentro e fóra do escenario.