Retratos dunha escena plural: Nuria Sotelo
Nuria Sotelo sempre quixo bailar pero estudou Veterinaria e traballou en saneamento gandeiro varios anos, mentres asistía a clases de danza e todo canto curso de artes escénicas se lle puña por diante. Puido dedicarse profesionalmente á danza cando entrou no Centro Coreográfico Galego, e máis tarde fundou a compañía Licenciada Sotelo, coa que sacou adiante varios espectáculos con ela como coreógrafa e única intérprete, e tamén colaborando con outras artistas. Agora está a reinventar o camiño da súa compañía mentres activa na súa aldea de Amiadoso (Allariz) o proxecto A Casa Vella, onde xuntar a xente das artes vivas coas veciñas e veciños do rural.
Créditos
Primeira entrega da segunda temporada da serie "Retratos dunha escena plural", que nos achega a algúns dos profesionais máis destacados das artes vivas en Galicia.
En colaboración co proxecto "Cara a unha escena plural", coordinado por Sabela Mendoza e Caterina Varela. Co apoio de Agadic.