Música

  • Entrevista | Tapa D'Orella “Somos demasiado tolos para poñernos cancelas a nós mesmos”

    Tapa D’Orella naceu apenas hai nove meses e este sábado sobe ao escenario de Revenidas para ofrecer moita festa. “Unha tapiña de orella das especiais”, aseguran. Os músicos Willow GHC (Darío Burgos, das Neves) e Pappaquino (Joaquín Limia, de Verín) están detrás deste proxecto cuxo apoio popular está a sorprender os propios artistas de 28 anos. “A xente quérenos moito, coñécenos e dá gusto, a verdade”, subliñan. 

    A proposta transita entre o ska, a música latina e a verbena, nuns temas que sempre convidan a bailar, onde emana a identidade, o humor ou mesmo, e por que non, a denuncia social. “É unha música que lle gusta moito aos cativos, non sei por que, será porque ten un ritmo rápido, e tocar un tema deses e ver o cativo ou a cativa bailar co seu avó ou avoa, que tamén está desfrutando, é un dos momentos máis felices música”, detallan nesta entrevista.

    Música
  • “O lugar do crime” Recordos e nostalxia no adianto do novo álbum de Secho

    Secho vén de estrear o sinxelo “O lugar do crime”, unha coidada peza que serve como carta de presentación do seu disco homónimo. ‘O lugar do crime’ é o seu último proxecto musical, producido polo Hevi no Laboratorio Soyuz. 

    Sete temas con arranxos minimalistas que se moven cun rexistro delicado entre sonoridades pop, indie e folk. En palabras do artista de Dodro, o tema afonda "nos recordos e na nostalxia". Nel busca o mar de Rosalía e pensa “nos que non están”, nos espazos familiares, en infancias enfundadas en botas de goma que participan na matanza do porco. Imaxinarios dunha xeración con crimes e lugares comúns. 

    O lanzamento acompáñase dun videoclip dirixido, gravado e producido por Nela Fraga, en formatos analóxicos, como o Super8 e 16mm, reflectindo ese tránsito vital a través dos recordos.

    Música
  • “Eu non quero té”: Maricarme fusiona tradición e electrónica cun vídeo surrealista

    Maricarme, o proxecto, formado por María Jorge, Cibrán Seixo e Migui Carballido, profundiza nunha reinterpretación libre e contemporánea da música tradicional galega e nesta ocasión, o grupo toma como punto de partida unha muiñeira aprendida de Os Fillos de Pepa A Loba, a "Punteada da Miñata", mantendo así un diálogo vivo entre tradición oral e contemporaneidade.

    A nova canción supón o segundo adianto do seu novo EP –previsto para outono- e continúa a liña que define a Maricarme: unha fusión entre instrumentos acústicos tradicionais e texturas electrónicas contemporáneas, onde conviven percusións de raíz, cordas e paisaxes sintéticas que, unidas á voz de María Jorge, dan lugar a un folk dinámico e fresco, reafirmando a identidade do grupo como unha das formacións máis singulares da nova escena galega.

    O novo tema chega acompañado dun videoclip dirixido por Marte Martinka e Fotomatong, que achega un novo ingrediente ao xa surrealista universo estético da banda. Con este novo traballo, Maricarme non só consolida unha identidade propia, senón que continúa abrindo novos camiños para a música tradicional galega.

    Música
  • “I-ANQUE”, o novo sinxelo de Eris Mackenzie convida a vivir sen dar explicacións

    O artista de Culleredo vén de publicar “I-ANQUE”, un tema que fala claro: menos xuízo e máis liberdade. A canción supón o adianto do que será o segundo álbum longo de Carlos Eirís, coñecido artísticamente como Eris Mackenzie, tras a publicación do álbum Meu Ceu (2025),e o EP Laíño esta primavera.

    Unha canción para deixar de mirar cara fóra e comezar a facer o que un realmente quere, sen dar explicacións. A súa proposta móvese entre o íntimo e o disruptivo, na procura constante dun son propio, reforzando a súa particular conexión entre a música tradicional galega e a electrónica contemporánea, segundo explican desde a discográfica Alende Música.

    "I-ANQUE" chega acompañado dun videoclip dirixido por Omar Romero e Pablo Lourido, que recolle a estética íntima e persoal do artista. A peza audiovisual sitúanos nun ambiente escuro e abafante que, paradoxalmente, acaba converténdose nun espazo de liberación.

    Música
  • Entrevista | Alana “Agora atrevémonos a experimentar con outros sons que igual no primeiro disco non nos apetecía”

    Falamos con Antía Vázquez (Oleiros) e Eloy Vidal (Ponteceso), dous dos tres membros que forman Alana. Nesta conversa faltou o gaiteiro e percusionista Pablo Castro (Vimianzo) pero estivo ben presente nas verbas tanto da súa compañeira como do seu compañeiro de grupo. Alana vén de publicar o seu novo disco, “Un saber”, un segundo traballo que consolida a formación con apenas tres anos de existencia e co que quixeron homenaxear, xa desde o título, as informantes, esas mulleres que achegan as súas coplas sen darlle moita importancia aos seus propios coñecementos. “Elas teñen un saber non só a nivel musical, senón tamén a nivel cultural, a nivel lingüístico, a nivel social e a nivel de comunidade”, asegura Antía Vázquez. O achado de cada cantiga é só o comezo dun traballo protagonizado polos contextos e a experimentación sonora. Mellor escoitalo.

    Música
  • “Arder”, folk rock intenso no debut en galego de Escuchando Elefantes

    “Arder” é un novo sinxelo cru e honesto de Escuchando Elefantes, que chega acompañado dun videoclip no que Sílvia Rábade e Carlos Tajes contaron coa colaboración de intérpretes galegos como Xosé A. Touriñán, María Vázquez e Ledicia Sola, ademais da participación do corpo de bombeiros da Coruña. 

    Xunto a eles, un coro de cantareiras galegas e case un centenar de persoas anónimas uniron as súas voces ao unísono para cantar como un himno o retrouso de "Arder" coa clara mensaxe de que xuntos temos máis forza que calquera incendio e poñendo en valor o espírito da resiliencia, a música e o baile como vínculo de unión ante a catástrofe, segundo explican desde a banda, que asina o seu primeiro sinxelo orixinal en galego.

    Música
  • “Que se nos faga de día” De Ninghures e Mondra teñen gana de verán

    Estoupar os bilitroques/ Ir por amoras/ Deitarse na herba seca/ Xuntarse nun bar/ Sentir o salitre no corpo/ De ir nadar ao mar/ Cheirar o fume na roupa/ Na noite de San Xoán

    De Ninghures e Mondra xúntanse por vez primeira para festexar e cantar ao verán galego. “Que se nos faga de día” é o título dunha canción que cheira a salitre, herba seca e fume de San Xoán, que fala de amor, de suor e, especialmente, de deixarse levar. Juan de Dios Martín produce esta rumba que se converte nunha auténtica oda ao estío galego, segundo subliñan desde a produtora. É un canto vigoroso á época das verbenas, dos días luminosos e das noites que nunca se queren deixar marchar; a celebración dunha terra que, tanto no mar coma na montaña, non deixa de cantar.

    Música
  • ‘Ten que haber un sitio para nós’, pop-rock honesto no primeiro disco de Portosanto

    Portosanto presentou esta semana o seu primeiro disco, Ten que haber un sitio para nós, editado por Ernie Records. O LP -formado por dez cancións- supón o punto de partida dunha nova etapa para unha banda integrada por Anaís, Andrés,Nuno, Simón e Xoel, os mesmos membros que anos atrás deron vida a Oh! Ayatollah. 

    Desde a banda explican que, musicalmente, ‘Ten que haber un sitio para nós’ móvese nun pop rock de guitarras luminosas e afiadas, con nervio melódico e unha intensidade que medra desde a contención”.

    Música
  • MJ Pérez canta “Bingo!” en portugués, con retranca e merengue

    A peza máis “dicharacheira e graciosa” do seu último traballo, Je tiens bon, pero tamén unha das máis fondas. MJ Pérez define así a canción “Bingo!”, que vén de estrear un videoclip para non perder. 

    Cunha sonoridade inesperada —un merengue luminoso e bailable—, a canción funciona como contrapunto a un fondo marcado pola incerteza, a precariedade e a frustración vital. A través do humor e da retranca, MJ Pére aborda cuestións como a inestabilidade económica, a dificultade para vivir da creación (e non só) ou a sensación constante de estar facendo números para saír adiante. Unha contradición consciente entre forma e fondo: música alegre para falar de todo o contrario. 

    Música
  • VINTE adianta o novo de Zeltia Irevire “As Mouras” do Courel danzan e claman pola natureza

    VINTE adianta en exclusiva o videoclip da canción "As Mouras," o novo traballo da banda Zeltia Irevire.  O videoclip foi filmado nas paraxes naturais do Courel e conta coas bailarinas Ari Vázquez e Skío Carral como protagonistas, xunto a Zeltia Acuña. Nesta canción o trío formado por Acuña, Miguel Carballido  e Cibrán Seixo mestura folk acústico con texturas electrónicas suaves, creando unha atmosfera íntima con moita forza e sensibilidade. 

    O tema naceu tras os incendios forestais do 2022 que afectaron e puxeron en perigo a moitas aldeas do Courel e a un dos bosques autóctonos máis antigos de Galicia, a Devesa de Rogueira. A letra, segundo explican desde a banda, é unha reflexión introspectiva sobre como o noso xeito de vida fainos non escoitar e pasar por alto a fraxilidade da paisaxe e a necesidade de protexela. Reivindica a figura das “Mouras” como as gardiáns dos bosques e como guías espirituais daquelas persoas que defenden a terra. Foi rodada na contorna da aldea de Vilamor, a Cova da Moura, a fervenza do Rexio e o Val das Mouras, entre outras localizacións.

    Música