Pava lanza "8 sílabas". Un tributo á poesía popular desde a memoria familiar

«Hai vinte e pico de anos botei unha tarde detrás de miña tía Pepita e de meu avó Enrique pedíndolles que me recitasen as coplas que recordaban, de cando se cantaba e iso. Rescatei catro delas para que formasen parte desta canción de PAVA, á que eu lle engadín unhas estrofas que se esforzan por deixar ben claro que se trata dun legado importante pola cantidade de vida e beleza que contén. Pouca poesía culta emociona tanto coma esta nosa poesía popular». Lucía Aldao resume así a orixe de “8 sílabas”, o novo tema da banda Pava, que vén acompañado dun videoclip asinado por Pablo Silva.

“8 sílabas” fai unha chiscadela á poesía popular escoitada pola artista coruñesa na súa infancia. Catro desas coplas trénzanse con estrofas de autoría propia nun tema xoguetón que funciona como homenaxe á poesía popular e como recordatorio de que “cabe a vida e máis en oito sílabas”.

“8 sílabas” soará por primeira vez en directo no concerto deste venres, 9 de maio, a partir das 20.30 horas, na Sala Riquela compostelá. 

Créditos

“8 sílabas”

Texto: Coplas populares e Lucía Aldao
Voz: Lucía Aldao
Batería: Analís   
Baixo: David Santos
Guitarra: Pablo Silva
Produción: Julián Goicoa
Masterización: Álvaro Gallego
Videoclip: Pablo Silva

Tamén che interesa

  • Chega Pava 3, o pop luminoso e sofisticado de Lucía Aldao

    A poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao estrea este xoves o que supón o terceiro disco do seu proxecto musical, Pava. O EP Pava 3 xa está dispoñible para escoitar nas principais plataformas dixitais e é posible adquirilo a través do Bandcamp de Pava. 

    O lanzamento coincide coa estrea do videoclip realizado por Antón & Martiño para o tema “Unha cadela chamada Por Favor”, unha balada que contou coa colaboración de Gloria Pavía.

    Música
  • PAVA 2. Lucía Aldao e o amor das amigas

    «Un canto á amizade e á necesidade doutras olladas –as das amigas– que, desde o amor, axudan a cuestionarnos as nosas crenzas e a revisar os nosos discursos, que falta fai». Todo isto é PAVA 2, o segundo EP en solitario de Lucía Aldao.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.