Chega Pava 3, o pop luminoso e sofisticado de Lucía Aldao

A poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao estrea este xoves o que supón o terceiro disco do seu proxecto musical, Pava. O EP Pava 3 xa está dispoñible para escoitar nas principais plataformas dixitais e é posible adquirilo a través do  Bandcamp de Pava. O lanzamento coincide coa estrea do videoclip realizado por Antón & Martiño para o tema “Unha cadela chamada Por Favor”, unha balada que contou coa colaboración de Gloria Pavía.

Pop luminoso con letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade ou lingua seguen a estar presentes no traballo de Pava, que agora é máis poliédrica, unha banda onde Lucía Aldao exerce de frontwoman, e iso reflíctese tamén na súa música, máis sólida e sofisticada, segundo explican desde o grupo.

Pava 3 está composto por cinco temas: “Catastro”,  “O himno da lesión”,  “Tremendamente coquetas” , “Unha cadela chamada Por Favor” e “Catastriño”. «Quedáronnos tres de bailar e dúas de chorar. Para todos os gustos», explica Lucía Aldao. 

O concerto de presentación de Pava 3 terá lugar na Mardi Gras o domingo, 5 de xaneiro, nunha Noite de Raíñas Pavas alternativa, disidente e tamén, por que non, máxica.

Créditos

Guitarra, melodía, letra e voz de Lucía Aldao

Voz de Gloria Pavía

Baixo e cordas de David Santos 

Guitarra de Pablo Silva

Batería de Analís

Produción de Julián Goicoa

Masterización de Álvaro Gallego

Tamén che interesa

  • Terceiro Tempo

    Terceiro Tempo. Con Lucía Aldao: 'Mazar é político'

    Segundo episodio do Terceiro Tempo, unha serie de conversas-happening coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile. 

    A nosa convidada desta vez é Lucía Aldao, poeta, música, cómica, performer e en xeral unha #tíaxulísima da Falperra, que nos trae un tema do que se declara experta e tamén apoloxeta: mazar. Porque mazar é político, e porque a identidade de Lucía Aldao, entre outras, é a de "persoa que maza", percorremos con ela unha escolma de "maces" antolóxicos da súa vida.

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Lucía Aldao

    Desta volta A Regueifa Plataforma 2.0 foi até a casa-museo de Lucía Aldao na cidade da Coruña para filmar unha nova sesión, a novena, na que a música e poeta contou coa colaboración de Óscar Vilariño na guitarra, batería e teclados para amosarnos unhas versións engalanadamente espidas de "Boneca de silveira", "A letra desta canción" e "Unha que soase así". 

    Música
  • PAVA 2. Lucía Aldao e o amor das amigas

    «Un canto á amizade e á necesidade doutras olladas –as das amigas– que, desde o amor, axudan a cuestionarnos as nosas crenzas e a revisar os nosos discursos, que falta fai». Todo isto é PAVA 2, o segundo EP en solitario de Lucía Aldao.

    Música
  • Café Derby 21. Lucía Aldao, facer un dúo e levar o neno a judo

    Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo. Para manter o lestón alto, acorde á ocasión cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo Aldaolado. Con ela falamos precisamente de parellas pero non románticas, senón desas persoas que son case como células dun mesmo. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.