Miudiño Sessions

Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: DEVALO

    A Regueifa Plataforma 2.0 viaxou até o corazón da Coruña para filmar unha nova entrega das Miudiño Sessions, desta volta protagonizada por DEVALO, o proxecto de synth-pop de David Miranda. Nesta nova sesión, xa a número oito, ofreceunos en formato trío unha escolma dos seus últimos traballos, interpretando "Neve de maio", "Aves negras" e "Houdini" na compaña de Edu Poch (Atrás Tigre) ao baixo e Josen Miranda á guitarra

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Projecto Mourente

    Desta volta A Regueifa Plataforma foi até Mourente, berce do pai da música dance galegófona, Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente, para filmar unha sesión onde transmutou en crooner tropicalista para agasallarnos con catro temas remesturados ad hoc para a sesión –dous deles inéditos– nos que baixou o tempo a uns BPMs moito máis acaídos para gozar do solpor nunha terraza chill das Rías Baixas que para dalo todo na pista de baile. Unha perfecta banda sonora para animar este húmido inverno interminábel e petiscar o que será o seu vindeiro disco longo.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Secho

    A Regueifa Plataforma 2.0 estrea o sexto episodio das súas Miudiño Sessions da man de Secho, desta volta dende o hórreo da Miguensa nas Terras de Iria. Ao acubillo do arco de medio punto dun hórreo que é único en todo o país, o de Dodro debulla tres pezas de "Recuperar", o seu máis recente traballo, na compaña dunha sorte de all-stars da escena galega.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Muidiño Sessions: O' Leo de Matamá

    Coincidindo cos seus adorados fastos da hispanidá estreamos a sesión de O'LEO DE MATAMÁ. Esta nova entrega das Miudiño Sessions realizouse nunha antiga fábrica que foi o escenario perfecto para invocar os espiritos de Woody Guthrie, Pete Seeger, Suso Vaamonde e mesmo Robert Johnson. A poesia, o folk e o blues do Leo ecoaron con paixón nesas vellas paredes que son Historia viva con catro cancións novas e inéditas. 

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Grampoder

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions, desta volta protagonizada por ese dúo autodenominado como de "hardcore comeflores" que responde ao nome de GRAMPODER. Nunha localización digna do Cuéntame máis casposo e kitsch despelican con brutal tenrura catro pezas do seu más recente traballo, PM, disco que precisamente vén de saír en formato vinilo este días. Catro puñadas no estómago de honesto pop guitarreiro que albiscan o que poderemos desfrutar ao vivo este mesmo sábado, 24 de setembro, no Festival Psicotroita de Sigüeiro.

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Chicharrón

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions da man d'A Regueifa Plataforma 2.0, desta volta con Chicharrón na compaña de Rosalía Fernández Rial nunha localización que resultou ser ben especial, a galería de arte de Manolo Eirín en Carballo.

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Filloas

    A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut.

    Música
  • Miudiño Sessions

    A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions

    Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. O proxecto estrease co barcalés HOLGADO, interpretando ao pé do cruceiro de Gonte na súa Negreira natal tres temas de "O fillo de Suso", o seu novo album. 

    Música