Miudiño Sessions: SEIS, Lorca en Galicia

Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions rexistrando a inédita proposta de SEIS, un colectivo músico-poético e audiovisual formado pola poeta Lara Dopazo, a cineasta Adriana Páramo e os guitarristas Rafa Fernández e Virxilio Da Silva. Encol das mesmas pedras onde o 24 de agosto de 1932 Federico García Lorca enchía a Praza da Quintana coa representación dos entremeses cervantinos de La Barraca, o cuarteto levou os seis poemas galegos do poeta andalusí aos territorios da vangarda, o spoken word, a videopoesía e o post-rock nunha actuación irrepetible arroupada pola Semana do Libro de Compostela.

Trixésima novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua.

Créditos

Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.

En anteriores Miudiño Sessions

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Columna Vegana

    A apropiación que fan Columna Vegana da "Oda ao xamón" de Otero Pedrayo foi a escusa perfecta para trasladarnos até o Pazo de Trasalba, casa natal e sede da súa Fundación, para gravar unha nova entrega das Miudiño Sessions. 

    O contraste entre a arriscada proposta de Columna Vegana -a cabalo entre a densidade intelectual do art-punk e o nihilismo da no wave- e o salón conxelado no tempo de Don Ramón foi o mellor dos escenarios posibles no que esfarelar o máis crú do seu repertorio. 

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Xosé Constenla

    Desta volta as cámaras da Regueifa foron ata o antigo campo de concentración franquista da Pobra do Caramiñal para filmar a Xosé Constenla, unha das voces máis senlleiras da canción de autor galega das tres últimas décadas. A escolla dunha localización de tan funesto recordo -pola que pasaron máis de 1.000 prisioneiros e prisioneiras- non foi casual. 

    Rexistrar a interpretación ao vivo das cinco pezas que farán parte do seu novo traballo nun dos once campos de concentración que o fascismo artellou na nosa terra era o mellor xeito de honrar aos protagonistas das súas novas cancións. Nelas atopamos historias de represión, padecemento e morte pero tamén a ilusión, albor e esperanza dunha fermosa etapa histórica que frustrou o golpe militar de 1936. As historias de mestres fusilados, traballadores exiliados e bravas mulleres de maquis ecoaron vivas nos vellos muros do que un día foi testemuño da barbarie e a senrazón e hoxe é memoria a recuperar dunha etapa da nosa Historia que cómpre non esquecer.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Pauliña

    Desta volta A Regueifa Plataforma achegouse ata Silleda para filmar a sesión de Pauliña, unha das voces propias con máis personalidade da escena galega. 

    Fronte a un muro de motores que agardaban solemnes unha segunda vida a cambadesa teceu na compaña da súa banda a súa habitual mestura de estilos en tres pezas (FamePasa de min e Fáltame o aire) nas que, coa dominancia cromática punk marca da casa pauliana, o urdime se foi tinguindo dunha policromía que foi do rock, ao blues ou ao raggamuffin. Un saboroso petisco audiovisual para ir abrindo boca na véspera mesma da saída do seu novo disco, Galego Is Not Dead. 

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Musel

    Nesta nova sesión A Regueifa Plataforma colleu a eternamente inacabada A-54 para achegarse ao corazón da Terra Chá e filmar o exquisito slowcore galaico de Musel. O trío liderado por Óscar Vilariño (ex-Triángulo de Amor Bizarro, A veces Ciclón, Fracaso Tropical) leva unha década achegando a nosa lingua ao son de bandas coma Low ou Yo La Tengo baixo o signo do que non é profeta na súa terra ao editar os seus traballos na mítico discográfica indie Acuarela Discos (Migala, Refree, Sr Chinarro, The Wave Pictures...). 

    Nun alpendre, que foi perfecto acubillo para o frío lugués, a formación, completada por Charlie Méndez ao baixo e Juantxo Pájaro á batería, interpretou as pezas "Feirán", "Sombra e luz" e "Trapalladas".

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.