
Facom Fest. Un laboratorio para o futuro do audiovisual galego
A falta de espazos onde expoñer as súas primeiras obras leva a un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC a crearen un festival no que elas son as protagonistas.
A falta de espazos onde expoñer as súas primeiras obras leva a un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC a crearen un festival no que elas son as protagonistas.
Cada vez falamos máis de series. É un feito que as plataformas de vídeo demanda puxéronnos máis fácil o acceso a elas e permitíronnos velas á nosa maneira. Pero isto non era así hai non tanto, nos anos noventa e principios dos dous mil, cando a xeración millennial era adolescente, as series víanse na televisión o día e á hora que tocara, e ao día seguinte comentábanse no patio. Por iso, preguntámoslle a un grupo de millennials galegas cales son esas series que marcaron a súa adolescencia.
Pola aldea de San Xoán de Alba, ao pé da N-634, pasa o tramo do Camiño do Norte que leva de Vilalba a Baamonde. Alí está Casa Nicanor, unha casa que foi taberna e que agora acolle actividades culturais para veciños e visitantes. A poucos metros, no tramo polo que pasan os peregrinos, hai un QR que nos abre a ventá do móbil a unha esperiencia audiovisual pensada e feita para ser gozada nese mesmo lugar.
Unha illa inhabitada no Atlántico que coñecemos ben, 5 anos de residencia artística, 4 tendencias tecnolóxicas e 6 artistas internacionais que pasaron polo festival Sinsal conflúen en Exploradores en San Simón, un proxecto artístico que, segundo os seus creadores, «derruba as barreiras entre a música, o deseño e a interacción», e que agora podemos ver en formato de serie documental en varias plataformas de realidade virtual.
O mundo neste recuncho de Europa, e seguramente noutros outros, pelexa pola atención da xente e por non quedar atrás nesta carreira de a ver quen produce máis contido, quen conta máis historias, quen crea experiencias para ocupar o lecer da xente.
Actriz, presentadora e mamá. Así se presenta María Mera (Boqueixón, 1986) nas canles dixitais polas que se comunica para compartir historias sobre o seu traballo e a súa maternidade, e recomendar produtos que compartan os seus valores de proximidade e responsabilidade. Non se considera influencer aínda que teña máis de vinte mil seguidores en Instagram de todo o mundo debido ao éxito en Netflix da serie que protagoniza, ‘O sabor das margaridas’. A eles diríxese sempre en galego.
Celébrase do 24 ao 27 de outubro a segunda edición de Intersección, o festival audiovisual que celebra o cruzamento entre a arte contemporánea e o cinema de vangarda.
Na semana da folga contra o cambio climático vaise mobilizar moita xente nova, seguindo o exemplo da activista sueca Greta Thunberg. Un movemento internacional que esixe acordos políticos a nivel global, mentres apela ás accións individuais para protexer o medio ambiente das emisións de CO2. Pero máis alá do consumo individual hai moita máis capacidade de acción no ámbito local. E Galicia ten unha intensa tradición de activismo: contra a contaminación, contra os incendios, para preservar os bosques e a biodiversidade contra o espolio das multinacionais. O cinema leva máis de catro décadas dando conta delas. Velaquí unha escolma de pezas que calquera activista ambiental debería ver para coñecer como no ámbito local tamén podemos loitar polo noso futuro.
Os cadernos audiovisuais de viaxe son todo un xénero en Youtube. Hai quen os usa como unha ferramenta doméstica para gardar como recordo imaxes e momentos das súas vacacións, compartilas con achegados e con algún descoñecido que pase por alí. Pero tamén hai vloggers case profesionais que cultivan xeitosas audiencias creando vídeos de viaxes moi elaborados. Algúns deles viñeron a Galicia nos últimos tempos e quixeron contalo. Imos ver o que fan e o que din deste lugar.
Se nos primeiros tres meses do ano se estrearon unha morea de videoclips galegos ben bos, de marzo para acó a cousa non foi a menos, así que aquí está a parte 2 desta enxurrada de videoclips que está a ser o 2019. A este paso está claro que teremos que facer polo menos outra entrega antes de que acabe o ano.