
Espectros carnais na Coruña. A mostra de Meisel, da espectrografía da moda á decoración fabril
A dúas semanas de que remate a exposición dedicada ao fotógrafo Steven Meisel na Coruña, o filósofo e poeta Carlos Lema escribe este comentario crítico.
A dúas semanas de que remate a exposición dedicada ao fotógrafo Steven Meisel na Coruña, o filósofo e poeta Carlos Lema escribe este comentario crítico.
Lara Lars (Salceda de Caselas, 1986) colecciona fotos, recortes de revistas e flyers desde sempre. É arquitecta pero decidiu arriscar e centrarse nas súas creacións artísticas aínda que non tiña contactos no mundo da arte nin un apelido pomposo co que moverse en Madrid. Co seu ‘apelido inventado’ e as súas inquietudes estéticas e de reivindicación da muller logrou crear un estilo propio e recoñecible a través dos seus collages.
As ilustradoras Thais Forján e Helena López lanzan por segundo ano a versión galega do ‘Inktober’, o reto para compartir diariamente un debuxo en Instagram a partir dunha lista de conceptos durante o mes de outubro.
A artista Lúa Gándara leva todo setembro habitando as Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun proxecto que busca compartir as súas obras coas persoas visitantes e converter este espazo do Gaiás nun taller aberto a través do que achegar a arte contemporánea a todo o mundo
Coordinación, precisión e unha estética moi coidada son algunhas das características que definen a Elahood, unha compañía coruñesa de danza urbana e creación contemporánea que leva o movemento a outro nivel.
'Trashblooming' é un proxecto de dirección de arte e fotografía de Antía Warncke que combina lixo e flores para crear universos kitsch nos que reflexionar sobre a importancia de concedernos estar mal.
A historia de Alisa e Anastasia é tan tremenda coma a de millóns de refuxiados de Ucraína que escaparon das bombas da guerra nos últimos meses. Mais elas tiveron certa sorte: aínda que querían quedar ata o último momento, puideron fuxir xuntas e atoparon na Coruña un apartamento, unha cidade que acolle as persoas LGTBI e unha comunidade creativa que lles ofrece espazos para mostrar o seu traballo artístico.
Unhas galerías case abandonadas no centro de Vigo son agora acubillo para as creadoras máis novas. Andrea Costa e Noemí Parga fálannos do Fuck This Studio, un espazo de traballo artístico e exposición, aberto á colaboración permanente, que atrae un público moi diverso
Hai xa dous anos que nos pechamos nas nosas casas. Algúns tivemos que traballar con debuxos animados de fondo. Outros conviviron cos seus pensamentos, tan enxordecedores como os nenos doentes por saír á rúa. Gaston Bachelard, na súa Poética do espazo (1957), falaba da casa como o noso recanto do mundo, o noso primeiro universo. Os pisos tornaron de novo en cosmos, mais era un cosmos insuficiente, claustrofóbico, no que loitabamos por atopar a nosa órbita.
Na era das pantallas son moitas as artistas que se trasladan ao eido dixital, un universo que soporta todo tipo de creacións desde un prisma novo. A arte dixital, fundamental para entender os camiños escollidos polas creadoras contemporáneas, protagoniza esta semana unha serie de encontros e experiencias musicais en directo en Vigo.