Terceiro tempo. Con Carlos Catena e Jesús Castro: 'Parasocialismo ou barbarie'
Rematamos a primeira temporada do Terceiro Tempo con Carlos Catena Cózar e Jesús Castro Yáñez, poetas, parella e residentes en Lugo. Os dous viñeron ao Café Universal da Coruña para falar de relacións parasociais: aquelas propiciadas pola admiración, os mass media e as rede sociais, nas que algunha vez calquera de nós temos caído e non sempre o imos recoñecer.