Literatura

  • No día da Poesía Vinte estrea un poema de Jesús Castro Yáñez

    Boa falta fai a poesía neste mundo. Co gallo do Día da Poesía publicamos en exclusiva un poema de Outroutro, terceiro poemario de Jesús Castro Yáñez, que está a piques de saír do prelo. 

    Escrito con lentitude, Outroutro foise construíndo a partir da atención a eses momentos nos que parece que nada sucede, pero que son testemuños dun ambiente habitado, fragmentos compartidos dunha vida colectiva. 

    O libro contou coa axuda da residencia de intercambio poético Aodh Ruadh Ó Domhnaill en Irlanda e dunha bolsa para a Creación Literaria do Ministerio de Cultura.

    Literatura
  • Ler escoitando? Os silencios do audiolibro en galego

    A última moda editorial é o audiolibro: ler escoitando —e vía servizo de streaming— os libros. O mercado medrou de forma notable nos últimos anos, pero a oferta en galego é mínima. Por que as editoras non se lanzaron aínda en masa á súa conquista? A resposta está nos custes e na propia natureza do mercado. O audiolibro é un espello, en realidade, de moitos máis problemas do libro galego. 

    Literatura
  • Raquel C. Pico: «Os ‘millennials’ imos ser unha xeración eternamente na mocidade»

    Un retrato da primeira xeración que se fixo adulta neste milenio escrito con perspectiva galega, nun ensaio deses que abundan no xornalismo anglosaxón pero que se botan en falta na nosa lingua. Para escribir 'Millennials. Unha xeración entre dúas crises' Raquel C. Pico leu toda a literatura e estatística posible sobre os millennials pero tamén entrevistou un bo feixe de persoas da súa quinta que viven en Galicia e comparten experiencias similares en torno á precariedade, o traballo, a vivenda, a familia, a emigración ou as redes. A xeración da mocidade “eterna” chega aos corenta. É hora de vela cunha nova perspectiva.  

    Literatura
  • 9 lecturas para este 8 de marzo

    Recomendamos nove libros de certa actualidade que nos achegan olladas diversas sobre a literatura, a vida, o propio feminismo… ante todo son lecturas coas que gozar e celebrar a calidade das mulleres escritoras agora e ao longo da historia.

    Literatura
  • Corinna Marx “O escándalo é a materia principal dunha boa historia”

    Corinna Marx (Stuttgart, 1983) é un nome novo nas letras galegas, mais ten unha ampla traxectoria no seu país, Alemaña, como autora de novela romántica e guionista de telefilmes. Desde hai dez anos veranea no Grove e por fin se animou a escribir unha ficción en galego con referencias ademais moi claras ao mundo do teatro actual. A partir do 3 de agosto poderemos ler por entregas en VINTE “Escándalo no CDG”. 

    Literatura
  • Lúa Mosquetera. Poemas de cuadrilátero

    Muller renacentista do século vinteún, Lúa Mosquetera é unha desas persoas que non poden estar quedas nunha única faceta. O seu caso en particular abraia pola naturalidade coa que é capaz de compaxinar poesía, música e negocio téxtil. Por Marcos Gendre.

    Literatura