‘Un elefante na sala de estar’. Adianto da novela de Berta Dávila, premio Jules Verne 2021

© Xerais

Adiantamos en primicia o primeiro capítulo da novela Un elefante na sala de estar, coa que Berta Dávila acadou o XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, que convoca Xerais, e que chega ás librarías este xoves 10 de marzo. 


O punto de partida é a morte por suicidio de Rosa, que acontece acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as persoas que formaron parte do seu círculo de relacións toman a palabra para relatar o primeiro ano de loito. Diferentes personaxes van contando, así, quen era Rosa, que papel xogou cada unha delas na súa vida, cales son as contradicións do dó, e de que maneira afronta cadaquén a dor, a culpa e o estigma social. Estes son os círculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia e do acompañamento.

Preme aquí para coñecer as primeiras páxinas.

 

 

Tamén che interesa

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.