• Vinte destaques de 2025 Peneiramos os feitos máis salientables do ano

    Velaquí están os destaques de 2025. Este ano quixemos poñerlle face ás 20 persoas que colaboran coas súas listas, ás que agradecemos o tempo que dedican a esta tarefa final do ano.

    E quen protagoniza estas listas? Pois o filme Sirât estaría á cabeza, xunto coa vaga de lumes do verán, o ano das cantareiras e de Castelao,  a solidariedade galega con Palestina e o apagamento de abril. A saída de Eurovisión por parte de RTVE, os 40 anos da TVG, a intelixencia artificial, o problema da vivenda, o cambio de Papa ou o novo disco de Rosalía tamén son fitos recorrentes nas listas que podedes ver neste artigo.

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. En Ourense

    Vinte de Foliada foi buscar a música a Ourense. Neste sábado previo ao San Martiño celebrouse o Magosto de Sempre, unha festa con catro décadas de historia, onde o churrasco e o viño dan paso á música e o baile. Aquí, en Monteledo, hai foliada, e das boas. 

    Nesta festa coinciden persoas de distintas asociacións culturais da cidade como A Galleira, Algaravía, A Cunheira ou da Asociación Ourensá de Folclore. Xúntanse arredor de 400, que acaban bailando a Xirondiña en grupo ben entrada a tarde. O peso da organización cae a día de hoxe na Galleira, pero todas e todos botan unha man. 

    Podcast

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. En Pontevedra

    En Pontevedra tamén hai foliada. Comprobámolo en distintas asociacións da Boa Vila, na que calquera día da semana é posible gozar da tradición e seguir aprendendo dela e actualizándoa. Falamos con persoas que dan aulas e que as reciben, que nos contan que as foliadas son “espazos de seguridade” en distintos ámbitos ou que o ano que vén haberá que darlle con máis forza á pandeireta, para que o pulo non quede só neste 2025, co gallo do recoñecemento nas Letras Galegas ás pandeireteiras.

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. En Santiago

    En Santiago non é raro escoitar unhas pandeiretas ao lonxe mentres camiñas pola rúa á tardiña. Neste episodio compostelán do podcast Vinte de Foliada achegámonos a unha das agrupacións senlleiras da cidade: Brincadeira e falamos con Montse Rivera, mestra de baile e á que coñecemos tamén polo histórico grupo Leilía. 

    Das aulas de Brincadeira imos ata as da Gentalha do Pichel, onde semanalmente varios grupos bailan e comparten experiencias ao remate do traballo. E tamén quixemos coñecer o traballo de Carme Campo, Chus Caramés e Ana Lenza, artífices do proxecto Andar cos Tempos, no que decidiron eliminar os roles de xénero do baile tradicional e afondar no que é, unha linguaxe viva. Porque a tradición é agora.

    Podcast

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. En Vigo

    A terceira entrega da serie podcast Vinte de Foliada chega a Vigo para comprobar que si, que na maior cidade de Galicia tamén hai foliada. Cada vez hai máis xente que quere aprender a sacar un punto, a tocar a pandeireta para pasalo ben máis aló da Festa da Reconquista, cando os grupos locen as súas mellores galas. Neste episodio coñecemos os seráns que se fan cada quince días no parque de Castrelos, falamos co bailador e mestre vigués Artur Puga que celebra as "foliadas de cidade" ou co investigador Luis Prego, que nos relata unha viaxe de ida e volta dos bailes, que saíron das aldeas para subir aos escenarios e agora volven baixar para devolverllos á sociedade. 

    Podcast

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. En Lugo

    Chega o segundo episodio da serie podcast Vinte de Foliada, que ten como protagonista a cidade de Lugo. Alí coñecemos o traballo que están a facer as escolas e asociacións de música tradicional onde conviven grandes e pequenos como nun día de festa. A tradición vibra en Lugo e, segundo nos contan, cada vez son máis as persoas de todas as idades que queren aprender a bailar ou tocar a pandeireta para poder participar das festas e foliadas dentro e fóra da muralla.

    Podcast

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. Na Coruña

    Este mércores bota a andar a serie podcast Vinte de Foliada, cuxa primeira parada é A Coruña. Alí descubrimos as Foliadas de Elviña, nun contexto urbano e con décadas de historia, onde a festa máis tradicional está moi viva e dela participan todas as semanas persoas de todas as idades. Neste primeiro episodio de Vinte de Foliada achegámonos tamén á asociación cultural Donaire e falamos con alumnas e mestras de pandeireta ou baile: “A xente quere aprender a tocar ou a bailar para pasalo ben, para chegar á foliada e remexerse con xeito”, e cada día son máis.

    Podcast

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Vinte de Foliada

    Vinte de Foliada. Un novo podcast amosa que a tradición é agora

    Nos próximos días sairá á luz a serie podcast Vinte de Foliada, un proxecto co que nos achegaremos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza actualmente en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xuntan regularmente persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. No novo podcast de Vinte conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos tradicionais que tamén ecoan –e moito- nas cidades galegas. 

    Coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua - Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Dez propostas para non perder no Carballo Interplay

    Este xoves comeza a XII edición do Carballo Interplay, cunha completa programación ata o domingo 27 con grandes nomes como Andy Chichester, Facu Díaz, Miguel Maldonado ou Ana Polo e máis dunha ducia de proxecións de webseries de todo o mundo, destacando estreas como a da serie Mariliendre, do director galego Javier Ferreiro. 

    O Carballo Interplay cumpre nesta edición doce anos como un evento de referencia en Galicia, o único dedicado a tratar desde a reflexión, a diversidade e a aprendizaxe as tendencias na rede e pioneiro na comunidade en crear un espazo de encontro físico entre as persoas que crean contido no dixital, especialmente entre a comunidade galega. 

    Todas as actividades son de balde, aínda que para algúns shows foi necesario facer reserva de entrada. “Rajando con… Facu Díaz e Miguel Maldonado”, o CFA con Bob Pop ou o directo do podcast Keep it cutre atópanse, polo momento, sen prazas, pero hai oco noutras propostas. 

    Festivais
  • No día da Poesía Vinte estrea un poema de Jesús Castro Yáñez

    Boa falta fai a poesía neste mundo. Co gallo do Día da Poesía publicamos en exclusiva un poema de Outroutro, terceiro poemario de Jesús Castro Yáñez, que está a piques de saír do prelo. 

    Escrito con lentitude, Outroutro foise construíndo a partir da atención a eses momentos nos que parece que nada sucede, pero que son testemuños dun ambiente habitado, fragmentos compartidos dunha vida colectiva. 

    O libro contou coa axuda da residencia de intercambio poético Aodh Ruadh Ó Domhnaill en Irlanda e dunha bolsa para a Creación Literaria do Ministerio de Cultura.

    Literatura
  • 20.000 minutos de contidos en galego. Exército Mekemeke, IagoRAW ou O Faiado Podcast, finalistas dos Premios Youtubeiras+

    En apenas 15 días coñeceranse os proxectos gañadores nas sete categorías que compoñen esta oitava edición dos Premios Youtubeiras +, cuxa gala de entrega vai ter lugar o 1 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón. Este xoves coñecemos os vinte finalistas, entre os que se atopan o Exército Mekemeke, IagoRAW e O Faiado Podcast na categoría de canle de Youtube ou Pradorúa, Konachadas e Sara Seco en TikTok. En total, presentáronse 89 canles que inclúen case 20.000 minutos de contidos en galego na rede.

    VINTE na rede