Exército Mekemeke 5x30. Consultorio mekemeke
Dámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles? Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado. Grazas por enviarnos as vosas preguntas e por facer posible este consultorio tan peculiar.
Se queredes participar nos próximos episodios, prestade atención ás nosas redes porque anunciaremos a pretempada para despois do verán. Preparade papel e lapis, porque os expertos en absolutamente nada xa están aquí para axudarvos.