Exército Mekemeke 5x21 A felicidade
Neste episodio falamos da felicidade… ou polo menos do intento constante de atopala. Entre risos, contradicións e algunha verdade incómoda, preguntámonos se iso de ser feliz é real ou simplemente postureo ben editado. Pequenas cousas, grandes expectativas e ese caos que chamamos vida.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.