Exército Mekemeke 5x19. Pelis para adultos (+18)
Acceder ás míticas pelis para adultos nos anos 90 e 2000 para matar a curiosidade. Intentar pillar os "programas especiais" do Canal+ a escondidas ou buscar na rede usando módems lentos, onde era máis fácil baixar un virus que unha película. Os mekemekes comentan como hoxe todo é moito máis accesible grazas a Internet, perdendo ese aire de prohibido e misterioso.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.