Exército Mekemeke 5x15. Cousas do paranormal

No episodio de hoxe metémonos de cheo no misterioso mundo do paranormal… Falamos de pantasmas que aparecen xusto cando hai pouca luz, da Santa Compaña facendo máis quilómetros de noite ca moitos runners, de posibles aliens que, curiosamente, sempre escollen aparecer en aldeas tranquilas e nunca no medio dun Carrefour, e das míticas cacofonías nas que sempre hai alguén que escoita unha mensaxe clarísima do máis alá… mentres o resto só oímos “pssssshhhhh”.

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito que neste episodio estivo moi ben acompañado polo Xubi e Pauliña.

Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.

Unha produción de Sapo Vermello. 

En anteriores episodios do Exército Mekemeke

  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x14. O caso Therian

    Neste episodio poñémonos o gorro de papel de aluminio para falar da moda dos therian, do regreso triunfal dos aliens e doutras tendencias rarísimas que enchen titulares e feeds. 

    Entre memes, teorías disparatadas e análise cultural, reflexionamos sobre como certas obsesións virais poden servir para desprazar a atención pública de asuntos moito máis incómodos, como os coñecidos casos Epstein. 

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x13. Europa

    Un episodio festivo e un pouco delirante no que o sentimento europeísta se defende con paixón… Entre himnos que non coñecemos ben, debates surrealistas sobre por que Groenlandia non se vende nin se troca (por moito que a Trump lle faga tilín) e a diplomacia internacional explicada a través de Eurovisión, este programa dos mekemekes mestura xeopolítica, purpurina e orgullo europeo. 

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke. Facer o delicioso (+18)

    Neste novo episodio poñémonos serios… é dicir, todo o serios que se pode estar falando de “facer o delicioso”. Porque si, todo o mundo sabe máis ou menos como vai a cousa, pero logo chega a realidade: medias que non saen, risas inesperadas, momentos épicos e outros nos que pensas “isto non estaba no tutorial”.
    Falamos sen filtros deses encontros cheos de paixón, nervios, expectativas altísimas e coordinación discutible, porque se algo ten o sexo é que, ademais de pracer, dá material infinito para anécdotas.
    Entre confesións propias e alleas, reflexionamos sobre a arte de comunicar o que nos gusta sen parecer que estamos pasando unha avaliación continua, sobre o consentimento como o verdadeiro afrodisíaco e sobre esa marabillosa capacidade humana de rir no momento máis intenso. 

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.