Exército Mekemeke 5x14. O caso Therian

Neste episodio poñémonos o gorro de papel de aluminio para falar da moda dos therian, do regreso triunfal dos aliens e doutras tendencias rarísimas que enchen titulares e feeds. 

Entre memes, teorías disparatadas e análise cultural, reflexionamos sobre como certas obsesións virais poden servir para desprazar a atención pública de asuntos moito máis incómodos, como os coñecidos casos Epstein. 

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.

Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.

Unha produción de Sapo Vermello. 

En anteriores episodios do Exército Mekemeke

  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x13. Europa

    Un episodio festivo e un pouco delirante no que o sentimento europeísta se defende con paixón… Entre himnos que non coñecemos ben, debates surrealistas sobre por que Groenlandia non se vende nin se troca (por moito que a Trump lle faga tilín) e a diplomacia internacional explicada a través de Eurovisión, este programa dos mekemekes mestura xeopolítica, purpurina e orgullo europeo. 

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke. Facer o delicioso (+18)

    Neste novo episodio poñémonos serios… é dicir, todo o serios que se pode estar falando de “facer o delicioso”. Porque si, todo o mundo sabe máis ou menos como vai a cousa, pero logo chega a realidade: medias que non saen, risas inesperadas, momentos épicos e outros nos que pensas “isto non estaba no tutorial”.
    Falamos sen filtros deses encontros cheos de paixón, nervios, expectativas altísimas e coordinación discutible, porque se algo ten o sexo é que, ademais de pracer, dá material infinito para anécdotas.
    Entre confesións propias e alleas, reflexionamos sobre a arte de comunicar o que nos gusta sen parecer que estamos pasando unha avaliación continua, sobre o consentimento como o verdadeiro afrodisíaco e sobre esa marabillosa capacidade humana de rir no momento máis intenso. 

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x10 Facer as beiras

    Como facer as beiras e como evitar acabar facendo o ridículo intentando atopar parella. Falamos de técnicas infalibles, consellos malos e desastres sentimentais. A cousa complícase cando recibimos a visita dun alien recén chegado á Terra, absolutamente fascinado polos rituais humanos do ligoteo. Entre preguntas incómodas e conclusións delirantes, tentamos explicarlle a Xufo que é iso do crush, do ghosting e das mensaxes “vistas” sen resposta.

    Un episodio para sentirse identificado e pensar seriamente se non sería mellor facer as beiras directamente en Marte. 

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.