Exército Mekemeke 5x10 Facer as beiras
Como facer as beiras e como evitar acabar facendo o ridículo intentando atopar parella. Falamos de técnicas infalibles, consellosmalos e desastres sentimentais. A cousa complícase cando recibimos a visita dun alien recén chegado á Terra, absolutamente fascinado polos rituais humanos do ligoteo. Entre preguntas incómodas e conclusións delirantes, tentamos explicarlle a Xufo que é iso do crush, do ghosting e das mensaxes “vistas” sen resposta.
Un episodio para sentirse identificado e pensar seriamente se non sería mellor facer as beiras directamente en Marte.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.