Exército Mekemeke 5x09. Buscar piso
Buscar piso hoxe en día é unha experiencia espiritual: probas a paciencia, renegas da humanidade e acabas compartindo fotos de cuartos sen xanela como se fosen bens inmobles de luxo.
Neste episodio falamos do milagre de atopar vivenda, da xente que lle chama “estudio acolledor” a un zulo e da especulación inmobiliaria que converte o alugueiro nun escape room sen saída.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.