Exército Mekemeke. No war, peace

O Nadal xunta á familia, aos agasallos… e aos conflitos sen resolver. Antes de discutir polo marisco ou polo tema de sempre, igual toca falar, rir un pouco e facer as paces.

Resolver conflitos tamén é un milagre de Nadal e non precisa luces nin panxoliñas.

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.

Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.

Unha produción de Sapo Vermello. 

Tamén che interesa

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.