Exército Mekemeke: España, dáme caña
Este é un programiña especial feito para todas esas persoas que tendo a xustiza ao seu favor, controlar os medios de comunicación e o poder para criticar con total liberdade aos gobernos que non lles gustan; din que vivimos nunha ditadura. Para vós, dereita extrema vai este programa.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.