Exército Mekemeke. Buscando o amor
Os mekemekes deciden coller as rendas do amor e axudar aos seus esbirros a atopar a súa media laranxa… ou polo menos intentalo!
Elixiron a varios inscritxs da canle e, baseándose nos seus gustos, personalidades e un chisco de caos aleatorio, formaron parellas inesperadas para unha cita virtual (ou presencial). Finalmente… haberá química?
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.
Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.