Exército Mekemeke

  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x23. Imos ao Centro de Saúde

    Neste episodio os mekemekes falan dun tema que nos toca a todos e todas: a salú. Desde arrefriados eternos, ata esas visitas ao centro de saúde que parecen unha aventura de obstáculos. Compartimos problemas de saúde reais, anécdotas vividas nas salas de espera e algunhas situacións tan absurdas que só che poden pasar cando máis o necesitas.

    Advertencia: contén humor, algo de frustración sanitaria e moita, moita identificación con quen xa tivo que pedir hora con “non hai horas” ou escoitar o famoso “volve en 15 días se segues igual”.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x17 Xubiprofeno

    Colles gripe e, de súpeto parece que estás nunha película dramática. Desde o primeiro esbirro ata a peregrinaxe ao centro de saúde, coa sala de espera chea de vellos e xente que parece estar peor ca ti. Ese momento no que decides preguntar a unha IA que tes… e en cinco minutos pasas de “un pouco de febre” a pensar que che quedan dúas semanas de vida. 

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke. Violencia gratuíta

    Neste episodio falamos desa violencia que non deixa mazaduras… pero si ganas de apagar o móbil, cambiar de casa ou finxir amnesia selectiva. Contido que nunha debería existir, momentos incómodos de "señor, sácame de aquí" e reality que deixan moito que desexar. 

    Todo contado con algo de retranca e a dose xusta de ironía para sobrevivir a ese mal gusto que non é delito, pero debería vir cun aviso sanitario.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke. Chucky, o boneco diabólico

    Neste episodio mergullámonos na cara máis surrealista e terrorífica dos agasallos de Reis: esas mañás máxicas que ás veces se torcen cando, en lugar do xoguete soñado, aparece un boneco cunha mirada sospeitosa e unha presenza claramente diabólica. Falaremos de lembranzas de infancia, de expectativas rotas, de bonecos que parecían observarnos dende a estantería pola noite e de como o que debía ser ilusión acabou convertido nun pequeno trauma compartido. 

    Un episodio perfecto para rirnos do pasado… agora que xa non temos que durmir coa luz acesa.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke. Badaladas de Fin de Ano

    Despedimos o ano por todo o grande, como manda a tradición!  Os mekemekes atragántanse lixeiramente coas uvas en cada badalada, entre risas, comentarios absurdos e reflexións profundas que duran exactamente dous segundos.

    Mentres repasan o máis mítico e típico do fin de ano —as promesas imposíbeis, os brindes de última hora e o “este ano si” de rigor—, dan a benvida ao 2026 cun optimismo desbordado e un plan infalible: conquistar o mundo… ou polo menos sobrevivir á resaca do primeiro de xaneiro.

    Exército Mekemeke