Exército Mekemeke 5x17 Xubiprofeno
Colles gripe e, de repente, parece que estás nunha película dramática. Desde o primeiro esbirro ata a peregrinaxe ao centro de saúde, coa sala de espera chea de vellos e xente que parece estar peor ca ti. Ese momento no que decides preguntar a unha IA que tes… e en cinco minutos pasas de “un pouco de febre” a pensar que che quedan dúas semanas de vida.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.