Exército Mekemeke 5x16. Bichería doméstica
Neste episodio falamos da vida da bichería doméstica: cans que montan un escándalo cada vez que soa o timbre, gatos que actúan como auténticos donos da casa e peixes que parecen que poden vivir fóra da auga.
Os mekemekes comparten anécdotas divertidas e situacións nas que queda claro que, aínda que pensamos que somos os donos… en realidade as mascotas son as que mandan.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito que neste episodio estivo moi ben acompañado polo Xubi e Pauliña.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.