Exército Mekemeke. Facer o delicioso (+18)
Neste novo episodio poñémonos serios… é dicir, todo o serios que se pode estar falando de “facer o delicioso”. Porque si, todo o mundo sabe máis ou menos como vai a cousa, pero logo chega a realidade: medias que non saen, risas inesperadas, momentos épicos e outros nos que pensas “isto non estaba no tutorial”.
Falamos sen filtros deses encontros cheos de paixón, nervios, expectativas altísimas e coordinación discutible, porque se algo ten o sexo é que, ademais de pracer, dá material infinito para anécdotas.
Entre confesións propias e alleas, reflexionamos sobre a arte de comunicar o que nos gusta sen parecer que estamos pasando unha avaliación continua, sobre o consentimento como o verdadeiro afrodisíaco e sobre esa marabillosa capacidade humana de rir no momento máis intenso.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.