Exército Mekemeke. Destripando a dobraxe con Antón Rubal

Sempre é un auténtico pracer escoitar de novo a voz de Antón Rubal a través dos micros do mekerocho. Regresa un dos primeiros mekemekes que pasou polo programa para repasarmos a súa carreira como actor de dobraxe. 

Ademais, poñémolo a proba para ver se é capaz de recoñecer a personaxes míticos da xabaxeración aos cales el lle puxo voz.

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.

Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.

Unha produción de Sapo Vermello.

Tamén che interesa

  • Exército Mekemeke. Consultorio mekemeke

    Os mekemekes poñemos a furrular a nosa sabedoría para dar solución a todos os problemas dos mekemekes que acuden a nós. 

    Non podíamos rematar esta tempada especial sen un consultorio a máis puro estilo mekemeke con respostas que non solucionan absolutamente nada nin consellos que leven por bo camiño. 

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Coa neurona chamuscada

    Os mekemekes chegan ao micro arrastrando os pés, co cerebro medio fundido e o ánimo xusto para respirar. Gravado baixo mínimos vitais, falamos do que puidemos, como puidemos e ata onde nos deu a neurona. Hai momentos de lucidez intermitente, risiñas nerviosas, divagacións sen rumbo e cata de pasta de dentes caduca.

     Se algunha vez te sentiches tan canso que falabas coma un zombi e pensabas coma un cactus, este é o teu episodio. Grazallas por escoitar, por comprender e por rir connosco, mesmo cando estamos a punto de quedarmos durmidos.

    Advertencia: consumir preferentemente antes de ir para a cama. 

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Empadroarse na Mariña con Grande Amore

    Se para ti naide de ninguén, este programa está pensado para ti. Repasamos con Grande Amore os seus recordos das verbenas, así como as súas favoritas. Para despois viaxar ata Frexulfe. Sabémolo, parece que ten nome de vida alemá, mais o certo é que é unha parroquia do Valadouro. 

    Poñemos a proba o mariñán que é Nuno reparando palabras e expresións que se din dende Viveiro ata Ribadeo. Claramente un programa pensado para a boa xente da Mariña.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. As oposicións

    Se che soa a palabra “temario” e tes máis subliñadores que plans de futuro, este episodio é para ti. Os mekemekes lánzanse ás oposicións sen drama, sen consellos e por suposto, sen estudar. Frases míticas, rutinas imposibles, comentarios familiares que non axudan e todas esas cousas absurdas que facemos para non abrir o tema 23. 

    Un espazo para rirnos un pouco desa carreira de fondo onde ninguén corre, pero todo o mundo suda.

    Exército Mekemeke

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.