Exército Mekemeke. As oposicións
Se che soa a palabra “temario” e tes máis subliñadores que plans de futuro, este episodio é para ti. Os mekemekes lánzanse ás oposicións sen drama, sen consellos e por suposto, sen estudar.
Frases míticas, rutinas imposibles, comentarios familiares que non axudan e todas esas cousas absurdas que facemos para non abrir o tema 23.
Un espazo para rirnos un pouco desa carreira de fondo onde ninguén corre, pero todo o mundo suda.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.
Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.