Exército Mekemeke. Erasmus: sobrevivindo a base de pasta e dramas

Unha viaxe pola experiencia internacional máis idealizada, e seguramente sobrevalorada, da vida universitaria. Neste episodio os mekemekes debullan os soños previos, as desventuras linguísticas, os amores efémeros e as dietas baseadas en carbohidratos con testemuños delirantes e anécdotas "reais" que che farán rir... ou revivir traumas.

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.

Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.

Unha produción de Sapo Vermello.

Tamén che interesa

  • Exército Mekemeke. Cousas absurdas que fixemos por amor

    Os mekemekes mergúllanse no lado máis ridículo e entrañable do amor e os celos. Comparten as súas anécdotas incriblemente absurdas que demostran que, cando o corazón manda, a cabeza queda de vacacións. 

    Entre historias vergoñentas, xogos disparatados e falsas reflexións profundas, prepárate para rir a esgalla e recoñecer que, no fondo, todas e todos fixemos un pouco o parvo por amor algunha vez. 

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. A miña primeira vez

    Os mekemekes repasan as súas primeiras veces. Entre anécdotas +18 e humor con dobre sentido, os mekemekes veñen a falarnos  desas primeiras veces "adultas" que ninguén nos ensina: cambiar unha roda, pagar impostos ou sobrevivir á primeira “cea de empresa”.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. A falta de sono… Que horror!

    Con sono ou sen vida? Os mekemekes adéntranse de forma nada científica nas consecuencias que ten non durmir, acompañado de "consellos" totalmente inútiles.  
    Perfecto para escoitar de madrugada ou tras durmir pouco, combina ciencia malinterpretada con situacións ridículas da vida cotiá. Os mekemekes retratan o día a día dos zombies funcionais que sobreviven a base de café. Un programa tan caótico como divertido para rirse do propio esgotamento.

    Exército Mekemeke

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.