Exército Mekemeke. A falta de sono… Que horror!

Con sono ou sen vida? Os mekemekes adéntranse de forma nada científica nas consecuencias que ten non durmir, acompañado de "consellos" totalmente inútiles.  
Perfecto para escoitar de madrugada ou tras durmir pouco, combina ciencia malinterpretada con situacións ridículas da vida cotiá. Os mekemekes retratan o día a día dos zombies funcionais que sobreviven a base de café. Un programa tan caótico como divertido para rirse do propio esgotamento.

Ademais, comprácenos compartir tamén a primeira das novas entrevistas mekemekes. Comezamos cun novo espazo no programa no que visitarán o meke rocho diferentes persoas cun espírito claramente mekemeke. A primeira convidada é Pura, a avoa mekemeke, que xa participou connosco na primeira tempada e que volve (menos nerviosa) a colaborar co Exército Mekemeke. Repasamos con ela o pasado da sociedade galega e as vivencias dunha muller do rural criada en Santa Comba.

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.

Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.

Unha produción de Sapo Vermello.

Tamén che interesa

  • Exército Mekemeke. Un cento de risas

    Episodio especial número 100! Como todo aniversario que se prece, celebrámolo con risas e momentos icónicos. Os mekemekes repasan os mellores instantes do programa, reviven anécdotas surrealistas e enfróntanse ao seu inimigo aférrimo, Ultraheroe.

    Neste episodio, aparecerá un convidado sorpresa que arrincará confesións inéditas que non deberían saír á luz. Prepárate para un episodio especial cheo de risas.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Educación física

    Neste episodio os mekemekes mergúllanse nos recordos das míticas clases de educación física do colexio. Desde o temido test de Cooper ata os equipos inxustos nas pachangas do patio, pasando pola clásica escusa de "dóeme a barrigola".
    Unha viaxe nostálxica cargada de humor na que revivirán anécdotas, inxustizas deportivas e a eterna dúbida: por que os profes sempre levaban chándal mais nunca corrían?

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. As supersticións

    Os mekemekes lánzanse a explorar as crenzas galegas máis curiosas e disparatadas da nosa cultura. Desmitificamos as supersticións galegas máis populares, desde os gatos negros ata os meigallos.

    Este programa promete sorprender e axudar a descubrir se abrir un paraugas dentro da casa trae mala sorte…!

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Viaxes escolares

    Vinte estrea colaboración co Exército Mekemeke, a parroquia máis grande de internet. Cada semana ofreceremos o videopodcast dirixido por Carlos Vieito, que conversa con Lidia Veiga e Miguel Abad desde o seu ‘meke rocho’. Nós sumámonos agora pero esta rapazada xa leva tres temporadas completas a parolar con moito xeito. 

    Esta semana, no Exército Mekemeke falan de viaxes escolares. Lembras esas viaxes en bus onde o importante non era o destino, senón con quen sentabas? Neste episodio, os mekemekes reviven as anécdotas máis surrealistas, os momentos máis vergoñentos e as historias que só podían ocorrer nunha excursión coa escola. Dende profes desesperadxs ata o compañeiro que sempre se perdía, este podcast é un billete de ida á risa e á nostalxia.

    Exército Mekemeke

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.