Exército Mekemeke. Educación física

Neste episodio os mekemekes mergúllanse nos recordos das míticas clases de educación física do colexio. Desde o temido test de Cooper ata os equipos inxustos nas pachangas do patio, pasando pola clásica escusa de "dóeme a barrigola".

Unha viaxe nostálxica cargada de humor na que revivirán anécdotas, inxustizas deportivas e a eterna dúbida: por que os profes sempre levaban chándal mais nunca corrían?

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.

Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.

Unha produción de Sapo Vermello.

Tamén che interesa

  • Exército Mekemeke. As supersticións

    Os mekemekes lánzanse a explorar as crenzas galegas máis curiosas e disparatadas da nosa cultura. Desmitificamos as supersticións galegas máis populares, desde os gatos negros ata os meigallos.

    Este programa promete sorprender e axudar a descubrir se abrir un paraugas dentro da casa trae mala sorte…!

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Viaxes escolares

    Vinte estrea colaboración co Exército Mekemeke, a parroquia máis grande de internet. Cada semana ofreceremos o videopodcast dirixido por Carlos Vieito, que conversa con Lidia Veiga e Miguel Abad desde o seu ‘meke rocho’. Nós sumámonos agora pero esta rapazada xa leva tres temporadas completas a parolar con moito xeito. 

    Esta semana, no Exército Mekemeke falan de viaxes escolares. Lembras esas viaxes en bus onde o importante non era o destino, senón con quen sentabas? Neste episodio, os mekemekes reviven as anécdotas máis surrealistas, os momentos máis vergoñentos e as historias que só podían ocorrer nunha excursión coa escola. Dende profes desesperadxs ata o compañeiro que sempre se perdía, este podcast é un billete de ida á risa e á nostalxia.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. O videopodcast para a xeración que medrou con Shin-Chan

    Á hora da merenda botaban Shin-Chan na TVG e era case un ritual. Dá igual a idade que teñas, se te recoñeces diante do televisor vendo a Shin-Chan mentres el, á vez, vía a Ultraheroe na pantalla, xa sabes do que estamos a falar. O Exército Mekemeke simbolizaba aos malos contra os que loitar nesa ficción dentro da ficción, pero agora tamén é un videopodcast conducido por Carlos Vieito acompañado de Lidia Veiga e Miguel Abad que sae desde Ames para o mundo todos os martes.

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.