Contas que deberías seguir Series web ilustradas, arquitectura e fútbol feminino, na final dos Premios Revelación de Youtubeiras+
Seguro que xa tes ouvido falar delas e, se non, deberías. Estas canles veñen de ser seleccionadas como finalistas do Premios Youtubeiras+ na categoría de Revelación con todo o merecemento. Falamos coas creadoras e creadores de Miradenovo, O búnker, Mareando xogo e Langráns, catro contas de Instagram que están a funcionar moi ben con contidos en galego de temáticas diferentes que van desde a divulgación sobre arquitectura ou deseño, o fútbol feminino da Costa da Morte ou o humor a través de cómics multiformato.