Vinte agasallos de Nadal para mercar ‘online’ en Galicia

VINTE

Apenas quedan días para o Nadal e sen nada que agasallar? Calma. En VINTE imos axudarvos a acertar con 20 opcións de regalos feitos en Galicia e para todos os gustos: gastronomía, roupa, xoias, música, xoguetes, libros, arte… Todo está no comercio online galego.

Apenas quedan días para o Nadal e sen nada que agasallar? Calma. En VINTE imos axudarvos a acertar con 20 opcións de regalos feitos en Galicia e para todos os gustos: gastronomía, roupa, xoias, música, xoguetes, libros, arte… Todo está no comercio online galego.

  • 01

    Camiseta “Tranquiliña hostias!”

    25 €

    Camiseta orgánica de algodón de corte unisex comercializada por Estudio Brétemas. Esta é unha homenaxe a Ramona, a protagonista do filme Matria, que responde así cando lle piden calma na empresa tras anunciar despedimentos. 

    Comprar

  • 02

    Queixo Terra de Airas Moniz

    14,50 € 

    A queixaría de Chantada Airas Moniz  elabora este queixo de pasta branda e codia comestible. Pode ser máis firme ou cremoso, segundo a época do ano. Terra foi considerado o terceiro mellor queixo de vaca de España en 2017.  

    Comprar

  • 03

    Libro ‘Fago o que podo’, de Afra Torrado

    21 €

    Este libro de banda deseñada recolle os traballos e debuxos que dende o 2018 ata o 2023 fixo a autora de Bamio (Vilagarcía de Arousa), Afra Torrado, incluídas as súas senlleiras historietas da 'señora Barbuda'. Fago o que podo é unha viaxe divertidísima polos conflitos internos da propia autora e do noso tempo. Editado por Rodolfo e Priscila.

    Comprar

  • 04

    Suadoiro Brava do Rei Zentolo

    39,95 € 

    Barbie si... pero brava tamén. No ano de Barbie a firma de roupa viguesa Rei Zentolo fai 20 anos de historia polo que non podían faltar na nosa lista. A proposta é un suodoiro de algodón coa frase “Na miña cona Brava non manda nin Ken”.

    Comprar

  • 05

    Lote Picoteo do Pepiño de Allariz

    34,90 € 

    O lote de picoteo Triple porco, que ofrece a tenda do Pepiño de Allariz está formado por un sobre de xamón afumado da Raia Portuguesa, unha bolsa de catro unidades de chourizo tradicional, salchichón cular e unha botella de viño Mencía Pepiño.

    Comprar

  • 06

    Póster de Alariko ‘Hotel in the sea’

    Desde 30 €

    O popular artista pontevedrés, con centos de milleiros de seguidores en todo o mundo, desvelou en VINTE algúns detalles da súa vida e obra, na que fai retratos de edificios imperfectos, cheos de detalles que lles dan humanidade, aínda que non aparezan persoas. Alariko asegura que a súa inspiración «está na vida real, na rúa, e tamén viaxo moito por Google Maps».

    Comprar

  • 07

    Set Baño Fol Sargadelos

    110,00 €

    Unha opción algo elevada de prezo, mais xeitosa abonda para un agasallo especial. Sargadelos inspirouse no sinuoso xogo de superficies que forman os pregos dos fois para realizar este relevo xeométrico, vistoso e simétrico, que aplican sobre diversas pezas. O set de baño Fol está composto por xaboeira, dispensador e vaso.

    Comprar

  • 08

    Entradas para o ‘Meixeverso’

    Desde 14 €

    O cómico de Ordes, moi coñecido polos vídeos de humor en TikTok, está de xira co seu novo espectáculo chamado ‘Meixeverso’. Tal e como explicaba a VINTE o propio Pablo Meixe,  este é un show de comedia moi completo, con banda sonora propia, material audiovisual, interacción coa pantalla ou co público, cambios de vestiario e monólogo, por suposto. O 27 de xaneiro estará no Centro Sociocultural Ágora na Coruña. 

    Comprar

  • 09

    Libro ‘Caramomia’

    12,95 €

    O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse para crear ‘Caramomia’, un divertido misterio escrito a oito mans. ‘Caramomia’ chegou ás librarías poucas semanas antes do pasamento de Miguel López, O Hematocrítico, o 27 de novembro deste 2023, con 47 anos.

    Comprar

  • 10

    Xogo de cartas Cordadas

    18 € 

    Cordadas é un xogo de cartas de 2 a 6 xogadores en edición bilingüe, galego e castelán, cheo de trasnadas, homes mortos e fenómenos meteorolóxicos adversos que se interporán entre ti e o cumio. Aínda que sexa de temática montañeira, calquera pode xogar xa que se basea nun código de cores desenvolvido pola empresa galega Muki Xogos

    Comprar

  • 11

    Caixa gourmet con licor café, conserva de navallas e paté de mexillón

    52 €

    Desde a Costa da Morte Stoupa comercializa esta caixa gourmet en colaboración coa empresa AR de Arte. O lote está composto por unha botella de licor café, unha botella de crema de oruxo, unha lata de conserva de navallas ao natural e  unha caixa de paté de mexillón galego, cociñado cunhas alsa caseira.

    Comprar

  • 12

    Buxaina voadora

    27 €

    A cooperativa galega Miudiño propón un clásico para xogar a todas as idades. A Buxaina voadora é un marabilloso xoguete de habilidade. Realizado artesanalmente en madeira natural tratada con aceites naturais e cordel de algodón. Consta de varias pezas: cordel con mango tirador, buxaina e lanzadeira.

    Comprar

  • 13

    Abono para o festival Portamérica

    80 €

    Juanes ou Vetusta Morla están á fronte do cartel da próxima edición de Portamérica, no que poderemos ver a Xoel López, León Benavente, Rodrigo Cuevas, The Rapants xunto con Mondra ou Guadi Galego. Unha boa sorpresa para agasallar os afeccionados á musica en directo.  O festival celébrase en Portas do 4 ao 6 de xullo.

    Comprar

  • 14

    Cesta baño Lagoa

    25 €

    Na web da empresa coruñesa Mar de Miranda atopamos este orixinal conxunto composto por unha esponxa mariña, un pousa xabón e un xabón natural. A cesta está feita á man en aceiro e la.

     Comprar

  • 15

    Libro ‘Historia do fútbol feminino en Galicia’

    17,50 €

     A editorial Galaxia publicou este verán este achegamento ao fútbol feminino escrito por Héctor Pena. Unha boa oportunidade para coñecer todo o traxecto de resiliencia e sororidade das mulleres no mundo do fútbol en xeral pero sobre todo en Galicia, desde os tempos da pioneira, Irene González, ata a actualidade, cando que a xeración de ouro de Vero Boquete ou Mari Paz Vilas comeza a deixar paso a novos talentos.

     Comprar

  • 16

    Lata café de Nadal

    66,90 €

    Para os máis cafeteiros. A cesta da firma coruñesa Pandelino inclúe un paquete de café  Selección 100% Arábica, culleriñas de chocolate, unha marmelada artesá, unha bolsa de galletas de manteiga e un set de té Margherite. Todo presentado nunha decorativa lata vermella con flores en relevo.

    Comprar

  • 17

    Pendentes Origami con forma de papiroflexia

      62 €

    Un capricho ou un agasallo. Nunca se necesita unha xoia, mais sempre gusta recibila. Neste caso propomos estes pendentes de Ardentía, de gancho fixo. Pertencen á colección Origami e a súa forma está inspirada na papiroflexia. En prata de Lei 925, con acabado chapado en ouro ou con pátinas e pigmentos irisados (azul ou morado).

    Comprar

  • 18

    Libro ilustrado ‘Os Nosos Bosques’, de Miudiño editora

      18 €

    Os nosos bosques é un libro ilustrado da cooperativa galega Miudiño. A través das súas ilustracións amósase a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cobre boa parte do país.

      Comprar

  • 19

    Quenta pans Aurora

    15 €

    A tenda de Santiago Boles, artesanía útil ofrece esta curiosa peza pensada para manter quente o pan na mesa. Realizada de forma artesá con barro de Buño. 

    Comprar

  • 20

    Axenda 2024 de ‘Luzes’

    10 €

    Si, aínda hai (moita) xente que prefire anotar as súas cousas en papel, ter a súa axenda sempre de man e poder incluso facer garabatos creativos nela. Para todas esas persoas propomos a axenda da revista Luzes, que celebra dez anos de vida no xornalismo e anima a subscribirse xa sexa para a súa edición en papel ou dixital. 

    Comprar

Tamén che interesa

  • Cabazas, sangue, bechos e caveiras: o Samaín enche de contido a rede galega

    Chega o Samaín, o día de Defuntos, Todos os Santos e mais Halloween. Todo iso celébrase entre o 31 de outubro e 1 de novembro desde antigo. As culturas indoeuropeas precristiás xa conmemoraban o inicio dun novo ciclo agrícola, dun novo ano e da fin do verán a esta altura. Ademais, nestes días, disque andan os espíritos dos mortos entre os vivos e, neste milenio no que vivimos, as ánimas tamén aparecen nas redes sociais, por suposto, mais cada unha con cadansúa linguaxe e recursos expresivos propios. 

    Velaquí unha pequena escolma da pegada do Samaín no outro mundo, o online.

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Alariko: «Eu só debuxo casiñas bonitas»

    Ten 270.000 seguidores de todo o mundo, e poucos deles acertan a saber de onde é. Agora dá máis pistas, pero antes o feito de escribir en inglés e de debuxar con certo trazo oriental tapaba bastante a súa orixe. Alariko é, segundo el mesmo di, un PTV (pontevedrés de toda a vida), da colleita do 2002. Non quere desvelar o seu nome completo pero si nos conta que se chama Álvaro nesta conversa, a primeira entrevista que dá nun medio un dos debuxantes máis populares da rede social que agora temos que chamar X. 

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.