En anos anteriores
-
Os soños de 2022 no Twitter. As aventuras no subconsciente non decaen
Transportes públicos que funcionan, a aldraxe con “Terra” no Benidorm Fest, casorios con famosos, hamburguesas, políticos facendo cousas e revolucións tecnolóxicas. Os soños deste ano saíron tan variados coma ocorrentes.
-
Soños en Twitter. O que tal traballaron as cabeciñas en 2021
Gatiños, ataques terroristas, encontros con famosos, covid e vacinas… Neste ano que remata a xente non parou de soñar e de vir contalo ás redes sociais. Só en Twitter e só coa frase “soñei que” atopamos máis de 1300 chíos de xaneiro a decembro. Imos ver como nos traballou o subcosciente coa nosa escolma anual de soños en galego.
-
Os soños na gaiola: isto é o que soñou o Galitwitter en vinte días de confinamento
Levamos vinte días de Estado de alarma e, a falta de poder saír da casa, o noso subconsciente xa viaxa por nós, e de que maneira. Se xa tiñamos tendencia a compartir os soños máis estraños no Twitter, esta corentena temos as cabeciñas traballando a todo meter polas noites. E tamén o contamos na rede. Por iso presentamos esta escolma de “soñei que”, especial confinamento.
-
Os mellores soños que a xente compartiu en Twitter en 2019
Rematamos o ano volvendo recompilar os soños máis tolos ou curiosos que as usuarias e usuarios de Twitter en galego compartiron durante este ano. Non foi nada fácil: a busca “soñei que” nesta rede devólvenos centos de soños, a cal máis revirado. Desde clásicos como a caída de dentes , soñar co ‘crush’ ou recibir avisos de USC Notas, ata visitas de persoeiros como Bad Gyal, Billie Eilish, James Rodhes ou Albert Rivera. Aquí vai unha selección. Seguide soñando en 2020.
-
FAN FAN: Soños
FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas. Neste segundo episodio para VINTE, Cibrán aborda a relación coas iconas pop a través dos soños, con xente que os relata e cancións inspiradas por eles. Como é lóxico, hai fantasía, romance, situacións absurdas, amizades bonitas e algo de incomodidade.