Os soños de 2022 no Twitter. As aventuras no subconsciente non decaen

Co patrocinio de

CC-BY-SA VINTE

Transportes públicos que funcionan, a aldraxe con “Terra” no Benidorm Fest, casorios con famosos, hamburguesas, políticos facendo cousas e revolucións tecnolóxicas. Os soños deste ano saíron tan variados coma ocorrentes. 

 

Traémosvos unha escolma de 50 chíos escollidos entre máis dun milleiro, pois como xa vén sendo tradición buscamos en Twitter “soñei que” para gozar con esas aventuras que nos permite vivir o subconsciente mentres durmimos. 

Como podedes observar no gráfico de aquí abaixo, non se volveu vivir un momento de concentración de soños en Twitter como o do período do confinamento do ano 2020, mais o ritmo co que compartimos estas experiencias que suceden no espazo-tempo do subconsciente non decae e este 2022 superamos os mil cen chíos sobre soños en galego a falta duns días para rematar o ano. 

Entre os protagonistas dos soños neste ano está o novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mais outros políticos como a vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz. Hai trapeiros como Yung Beef e Bizarrap ou xogadores de fútbol como Iago Aspas do Celta. Ortiga tamén apareceu no subconsciente de varias persoas, así como Kanye Westou Laura Pausini

Máis Vinte

  • Soños en Twitter. O que tal traballaron as cabeciñas en 2021

    Gatiños, ataques terroristas, encontros con famosos, covid e vacinas… Neste ano que remata a xente non parou de soñar e de vir contalo ás redes sociais. Só en Twitter e só coa frase “soñei que” atopamos máis de 1300 chíos de xaneiro a decembro. Imos ver como nos traballou o subcosciente coa nosa escolma anual de soños en galego.  

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Os soños na gaiola: isto é o que soñou o Galitwitter en vinte días de confinamento

    Levamos vinte días de Estado de alarma e, a falta de poder saír da casa, o noso subconsciente xa viaxa por nós, e de que maneira. Se xa tiñamos tendencia a compartir os soños máis estraños no Twitter, esta corentena temos as cabeciñas traballando a todo meter polas noites. E tamén o contamos na rede. Por iso presentamos esta escolma de “soñei que”, especial confinamento. 

    VINTE na rede

    Co patrocinio de

  • Os mellores soños que a xente compartiu en Twitter en 2019

    Rematamos o ano volvendo recompilar os soños máis tolos ou curiosos que as usuarias e usuarios de Twitter en galego compartiron durante este ano. Non foi nada fácil: a busca “soñei que” nesta rede devólvenos centos de soños, a cal máis revirado. Desde clásicos como a caída de dentes , soñar co ‘crush’ ou recibir avisos de USC Notas, ata visitas de persoeiros como Bad Gyal, Billie Eilish, James Rodhes ou Albert Rivera. Aquí vai unha selección. Seguide soñando en 2020.

    Rede

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.