Gatiños, ataques terroristas, encontros con famosos, covid e vacinas… Neste ano que remata a xente non parou de soñar e de vir contalo ás redes sociais. Só en Twitter e só coa frase “soñei que” atopamos máis de 1300 chíos de xaneiro a decembro. Imos ver como nos traballou o subcosciente coa nosa escolma anual de soños en galego.
Sabemos que non están todos os que son: faltaría sumar outras frases con “soñei con-co-coa” ou as equivalentes de quen escribe en reintegrado (“sonhei que” ou “sonhei com”), mais simplificamos a busca porque só coa frase “soñei que” atopamos máis material do que podemos procesar. Aínda ben que o big data fai o seu traballo, e aquí temos unha gráfica de como foi evolucionando o número de tuits sobre soños nos últimos 3 anos:
Efectivamente o confinamento produciu un pico de soños, ou cando menos un pico de actividade tuiteira que se cadra non tiña moito máis que contar mentres estabamos pechados na casa. Así o contamos en abril de 2020. Pero a máquina do subconsciente non parou en todo este tempo. E quen son os protagonistas dos vosos soños este ano? Os políticos: Feijoo, Pedro Sánchez, ou Yolanda Díaz protagonizan un bo número de soños xunto con Bad Gyal, Billie Eilish, Robert Pattinson ou C. Tangana. Aquí va os mellores soños que desde o mes de xaneiro.
Soñei que estaba nunha verbena.
— Némesis (@mynemesiis) January 1, 2021
O alcohol revela sempre os desexos máis profundos.
hoxe soñei que tiña un leopardo de mascota chamado LeOprahdo e que me perseguían os SWAT porque resulta que realmente era Oprah Winfrey
— Aquiles Bailo (@EidriPiper) January 4, 2021
Soñei que ía nun carro con Sofía de Grecia. Si, a raíña emérita de España.
— o Carlos Callón (@carloscallon) January 4, 2021
Entón eu pregunteille se era verdade que non sabía falar en español e só lía os discursos que lle puñan diante.
Ela respondeume que si o falaba, PORQUE "tiña familia Staufen como Afonso X" 🤣
A cabeça!
hoxe soñei que miña nai lle botaba a bronca a jon bon jovi por venderme cocaína
— maría (@_lostillusion) January 4, 2021
Esta noite soñei que ía a un festival e no baño unha tipa facíame un comentario burlándose do meu peso, eu collíalle o móbil, estampáballo contra o chan e partía en catro anacos. Entón eu saía partíndome o cu e berrando “tiña un iPhone 12 max e agora ten catro iPhones 12 mini”.
— Heredeira do Crush (@_coubert) January 8, 2021
Soñei que Evo Morales intentaba asasinarme repetidamente, que tal a vosa noite?
— Daenvil 🍇 (@DaenvilFarolas) January 10, 2021
Hoxe soñei que era o meu aniversario... e o meu pai me regalaba unha AK-47??? E eu non entendía nada e preguntáballe por que ese agasallo e dicíalle que quería cambialo e parecíalle fatal???????
— Naranayna🌈 (@naranayna) January 14, 2021
Hoxe soñei que unha académica da RAG me contaba que ían nomear presidente da RAG a meu avó e eu opinaba que el non está para tanto trote pero el enfadábase por non darlle o meu apoio. 🤯
— Berta Dávila (@bertadavila) January 21, 2021
Soñei que Ana Pontón e eu tiñamos loita física cuns maderos lol
— o(h,) puto pablo (@oputopablo) January 21, 2021
soñei que tiña que facer a comunión outra vez x non sei que movida e me obrigaban a poñer o vestido ese e eu dicía: ok pero el eyeliner hasta las orejas ya verás sis
— carmen castrillo (@carmencass_) January 31, 2021
Hoxe soñei que era amiga de Bad Gyal e facíalle as uñas antes dun concerto que ía dar no Toural
— MissEria (@_dkdncia_) February 3, 2021
soñei que ía nun autobús cheo de xente á que só coñecía de vista, coa que non falara nunca. a min acabábame de pasar algo moi bo e comezaba a rirme. e riamos todos. era contaxioso. a risa, o cansazo e a soidade.
— Ismael Ramos (@ismaelramos_) February 7, 2021
Soñei que marchaba cos meus amigos mundo adiante e que mercabamos unha caixa de test de antíxenos para facer de vez en cando e asegurar de que todo ía ben
— John Polilla (@JuanGaldoDirnt) February 8, 2021
Hoxe soñei que estaba nunha especie de cárcel en Chile e chamaba a M.Rajoy para que me sacase de aí, pero primeiro tíñalle que pedir perdón porque aparentemente levaba anos vacilándoo e facéndolle bromas telefónicas 🤡
— Paula Macía (@PaulaMacia_) February 10, 2021
Hoxe soñei que o da funeraria do meu pueblo montaba un catering e usaba os coches fúnebres como mesa desplegable. Guión para a TVG.
— A Corte do director (Lenin mola) (@leninmola) February 14, 2021
Acabo de acordarme de que hoxe soñei que meu abuelo era Franco e eu estaba en plan: "joe espero que ninguén se entere"
— Comu (@Ssuares_) February 17, 2021
hostia que soñei que ía a un concerto das adufeiras e de bis cantaban like a prayer 🤯
— Miguel (@miguelsconde) March 12, 2021
Hoxe soñei que Luis Zahera intentaba matarme manda carallo, Luis que eu son fan joder
— A.Regenco (@reyenco) March 17, 2021
Hoxe soñei que un chófer me recollía nun descapotable, e de repente aparecía nun Alcampo mercando Nestle Jungly porque había 3×2 #help
— Xurxo (@XurxGarcia) March 23, 2021
Soñei que ía aos karts e me atopaba con Kimi Raikkonen, e o pavo falaba un perfecto galego
— Artai Sharlayan Sage (@Gonzaloxinzo) March 24, 2021
Hoxe soñei que me vacunaba A MIÑA ABUELA na casa e que comprabamos a vacuna NO BERSHKA pic.twitter.com/jpk2CgRXUT
— Nerea 💌 (@nerevago) March 25, 2021
soñei que unhes sicarios portugueses medievales me secuestraban en Friol
— Sanchisita 💘 (@Saandravf) April 4, 2021
Esta noite soñei que tiña un tigre salvaje que solo comía churrasco ben pasado e gambas. Tamén durmía comigo. Vós que tal todo?
— Cristóbal (@CdbCristobal95) April 7, 2021
Hoxe soñei que pechaba o Faro de Vigo e eu non facía máis que dicir:
— Carlos Meixide (@carlosmeixidefl) April 17, 2021
-Como pode ser? O decano da prensa española! O Recreativo de Huelva da información escrita!
😳
se vos dijo que hoxe soñei que estaba co martiño rivas este jajajjajajajajajajjajajajajaja son tremendo bombon
— andrea (@NietoAndrea13) April 22, 2021
hoxe soñei que estaba nunha tenda de roupa, ía probar roupa e cando abría a cortina estaba robert pattinson en chándal comendo ensaladilla
— a puchis ☃️ (@carapuchinhagz) April 23, 2021
Pois nadas, hoxe soñei que Poncio Pilatos quería matarme
— ❄️ANAcruse de Nadal❄️ (@analoveandmusic) April 24, 2021
Pero tiña unha horda de seguidores coa capa de Doctor Strange
Soñei que competía en un concurso de cociña contra Pedro Sánchez e que ganaba por facer pasta boloñesa, ten algún significado profundo fijisimo
— Certified lover girl💞 (@isacanosa7) April 27, 2021
Hoxe soñei que tiña unha averia na autopista pero non pasou nada porque aparecera billie eilish a decirme que podia chegar a ponte se iba con ela no seu avión privado
— dina.y~ (@ilommilo_) April 29, 2021
todo mu logico
Hoxe soñei que ía de Santiago a Vila de Cruces correndo e que nunca me cansaba, pero, cando chegaba alí, aparecía unha nave espacial, obrigábanme a subir e dicíanme que me ían levar a un sitio incrible. Levábanme a Betanzos a comer tortilla.
— Nhoqui (@Nhoqui4) May 1, 2021
Hoxe soñei que presentaba un comic comprado a un concurso de comic e ofendiame por quedar de segunda jahshshahah
— 𝕱𝖊𝖗𝖆 𝕮𝖔𝖗𝖗𝖚𝖕𝖎𝖆 (@feracorrupia) May 6, 2021
Hoxe soñei que pechaba o Churrasco do Pepe e no seu sitio abrían unha Tagliatella. QUE NOITE MÁIS MALA PASEI.
— A Eva (@haliza_docx) May 11, 2021
Hoxe dia das letras galegas e eu soñei que Carballo Calero e Castelao organizaban unha festa medieval en negreira e tiñamos que facer unha camiñata con eles ou deixaban de facer obras podome mexar viva
— zahira♡🍒 (@saaltyyzach) May 17, 2021
soñei que intentaba meter un pulpo vivo nunha maleta
— sara enclaustrada (@estouestresara) May 21, 2021
Hoxe soñei que o goberno de Catalunya dependía do voto do PSC e unha hora antes da votación cando Pere Aragonès estaba na ducha o PSC rajábase.
— O Danielísimo (@DaniGutiGa) May 21, 2021
hoxe soñei que lle cortaba o pelo a alguén rollo escena de matrimonio de velliños 💆💘
— osiño ☃️ (@barrokhia) May 22, 2021
-Soñei que facía unha empanada que estaba boísima.
— O13513 (@chideirapiojon) May 25, 2021
- Delirios.
- Non non, era de berberechos.
Esta noite soñei que coñecia a Bin Laden nun bochinche dunha festa,falaba mellor o galego que Freijoo,creo que necesito un festival ou algo diso....
— Inacio Bellas🇮🇪🛰️🇵🇹 (@InacioBellas) May 26, 2021
Hoxe soñei que Manel Loureiro viña a Irlanda e tiña pensado levar o último libro para firmar hasta que me dei conta de que o tiña en digital 🤷♀️
— Raichely (@Raiccely) May 27, 2021
Hoxe soñei que estaba bebendo non bar e xusto espertei antes de pagar ✌🏼
— Spooky Santiso 🎃 (@SantisoGZ) May 30, 2021
Soñei que iba vivir a un acantilado e me fasía amija de un paxaro q me pedía o pienso q nn comen os meus jatos
— 🦋 Patrisia .✨ (@ecosistemica_) June 15, 2021
Hoxe soñei que unha pava me dicía moi agresivamente que deixase de mencionala en sorteos de Instagram, que non éramos amigas.
— Elena 🔮 (@sacha_bitch) June 19, 2021
literal soñei que botaba 2 días no hospital parindo unha sandía e ó descubrir que era unha sandía comimola entre varias persoas
— 🥧 (@jelensuperstar) June 19, 2021
Hoxe soñei que estaba en El Señor De Los Anillos. Ao pouco de saír dirección Mordor, din volta para coller unha chaqueta, por se refrescaba.
— Loiro (@Loiro_Esgos) June 24, 2021
Estoupoume o galegómetro.#galeguidade
Hoxe soñei que os de Måneskin estaban ensaiando na miña casa e que durante os descansos se dedicaban a roubar carteiras. Cando se dispoñían a mangar a da miña nai convencinos de que fosen a pola de María Patiño, que previamente me quitara das mans e bebera unha botella de anís.
— Мир (@TetaGalega) July 1, 2021
Hoxe soñei que lle adicaban un programa de Megaconstrucciones ao parque acuático de Jácome.
— E (@Kamchatka_e) July 2, 2021
Que fantasía ver a Danny Forster tirarse polos tobogáns desta nosa cidade.
Hoxe soñei que Robin Williams preparounos o café a miña irmán e máis a min. Estábamos na súa caravana, e eu estaba adobesido por saber a marca do café. Estaba moi bo.
— Martín. (@espalomado) July 3, 2021
Hoxe soñei que conducía un Seat 124branco,e que de copiloto levaba a Morgan Freeman..vestido de muller.😂😂😂
— Maria Martinez Perez 🦔 (@Meryceo) July 9, 2021
Hoxe soñei que Pedro Sánchez decidía retirarse a ser guapo e as comunidades autónomas convertíanse en ditaduras.
— A Eva (@haliza_docx) July 9, 2021
A min pillábame na Galiza e o caudillo Feijoo decretaba a asistencia obrigatoria a todas as feiras.
Incluso me forzaron a comprar unha cunca a punta de pistola.
Hoxe soñei que iba vivir a Pontevedra e estaba moi felis, foi un soño revelador deses e levo todo o día buscando ofertas de traballo alí jaja lokísima
— 🦋 Patrisia .✨ (@ecosistemica_) July 16, 2021
hoxe soñei que tiña unha banda e o resto dos miembros eran como de ourense e eu de cambados e sabedes quen tamén era de cambados nese soño?? exacto, timithée chalamet
— maría (@_lostillusion) July 20, 2021
Acabo de lembrar que soñei que ía comprar iogures con C Tangana e non quedaba ningún porque os levaran para facer unha proba dunhas oposicións. El sacaba o anorak, quedaba en neopreno e ía surfear e eu axudaba a unha coñecida a poñer unha lavadora no medio da rúa. Fascinante.
— Helena (@helefiguei) July 23, 2021
Hoxe soñei que lle daban o Premio Nobel de Medicina a Ángel Carracedo e en consecuencia a todos os grupos de investigación do @GMXenomica. A mente voa co desexo 🕊️.
— Ana Miranda (@anamirandapaz) July 31, 2021
Dios mío hoxe soñei que ía fichar no Recesende.
— O Fenómeno (@oestafador) August 2, 2021
Soñei que unha estatua da cabesa de jesucristo me cantaba a de "yo soy candela, soy una llamará' " mentras me miraba fijamente
— 🦋 Patrisia .✨ (@ecosistemica_) August 5, 2021
Soñei que o sergas me mandaba unha sms dicindo que mirara o día e a hora da vacina nas súas stories de Instagram 🤦🏻♀️🤦🏻♀️🙄 pic.twitter.com/Nd1BOVGO9S
— Gaur (@straingz) August 6, 2021
soñei que yolanda díaz era a miña profe de solfeo 🙂
— sara de la truita (@saratroitinho) August 9, 2021
soñei que badgyal me vendía naranxas na feira da puebla
— carlinha🎄🎄🎄 (@carlashz) August 12, 2021
Hoxe, na sesta, soñei que me contactaba Paco Pil para que lle escribise a biografía e eu quería titulala "El que no era Chimo Bayo" e a el, por algún motivo, non lle molaba.
— Antonio M. Fraga (@AntonioMFraga_) August 18, 2021
soñei que moe, tabernero da famosa serie americana 'the simpsons', inxetábame a segunda dosis de pfizer
— páramo (@bouzxa) August 22, 2021
Dios, eu soñei que secuestraban a Chicho e pedían un rescate loquísimo e eu en plan: "Pero chavales vós vístedes as pintas que temos? De onde vamos sacar eses cartos?". Xúrocho por Dios. Maldito Pzifer.
— Grande Amore (@Grande_Amore_OG) August 28, 2021
Soñei que vía a Lorde en Carballo dios que risa
— Vio (@7_vios) August 29, 2021
Hoxe soñei que un enjambre de abellas abandonaba á súa reina e viña conmigo. Incluso me puxeron unha corona.
— Raichely (@Raiccely) August 30, 2021
Soñei que finara a miña avoa (o seu pasamento foi hai 15 anos), que iamos á aldea e eu pintaba os beizos de vermello. Intentaba borralos, aquilo non saía e non deixaba de repetir que menudo disgusto levaría ela porque dicía que ós enterros vaise sen maquillar. #ascabeciñas
— Bolboreteira (@bolboreteira) September 3, 2021
Hoxe soñei que me casaba e ninguén viña á miña voda porque me equivocara de día na invitación JAJAJJAJAJAJAJAJAJAJAJA
— 🌲A Nefertari☥ de Nadal❄️ (@lunnariis_) September 24, 2021
Soñei que lle daba like a un post do PP de Noia en Facebook.
— Lididí (@LidiaDosil) October 14, 2021
Soñei que estaba falando con xente e todes falabamos con gheada ????? i mean a xente soñando movidas rollo vas a clase pero a clase é unha piscina e aparece o amigo do teu amigo que viches unha vez fai 2 anos e de súpeto perséguenvos 80 galiñas e eu soñando que falo con gheada
— Ou 🦕💫 (@sikogz) October 22, 2021
Soñei que o cura me daba 10€ por casarme cun pavo de clase E VOU E ME CASO
— Jowi🦖 (@pequenoghalopin) October 27, 2021
Conclusión: send bizums para que non cometa estupideces
Soñei que Sally Rooney ía a Allá Tú. Sentido? Ningún. O soño que merezo? Por suposto
— Alba (@AlbaNogueiras) October 28, 2021
Hoxe soñei que me medio secuestraban nunha especie de secta e había un pavo que manexaba o cotarro e despois un montón de chavalas sentadas. Pois a unha delas matábana porque falaba e escapábaselle o nome do líder, que se chamaba Eneko Bóveda.
— Heredeira do Crush (@_coubert) October 28, 2021
Hoxe soñei que xogaba á ruleta rusa con Nicolás Maduro. Ao final el rajouse porque seica non lle parecía boa idea matar a un pisioneiro de guerra. Despois diso aparecín no centro de Melide e había un concerto de hardcore con máis público que a Panorama e a París xuntas.
— Pudelko (@JosePudelko) October 30, 2021
FIN.
Soñei que Otegui me supervisaba o TFM e me obrigaba a escribilo todo en praias do Barbanza. Como un deus omnipotente chamaba se comezaba a escribir na casa.
— Andrea S.P. (@andreazaporieis) November 4, 2021
En plan, hoxe soñei que lle cambiaba a temperatura ao frigorífico. De verdade estasme dicindo que ao meu cerebro non se lle ocorreu nada máis trepidante? De verdade??
— Patri (@grunesfeuerzeug) November 4, 2021
hoxe soñei que conocía á Britney Spears e a Chelo García Cortés nun restaurante na India e a Chelo era a cociñeira
— cindy entes 🦷 (@josegarcix_) November 11, 2021
Soñei que morría e que eu non me despedira dela. Contoo para que non pase. pic.twitter.com/OPcusZuaXN
— Sandriña Espín (@iSandriinha) November 11, 2021
Esta noite soñei que formaba parte dunha banda de mercenarios asasinos que usaban o baile tradicional para infiltrarse nos sitios, distraer a xente, asasinar (lol)... Pero eu era dos que quedan sempre vixiando fóra. Ata tiña o drama dun romance tóxico e conflitivo cun compañeiro.
— o(h,) puto pablo (@oputopablo) November 13, 2021
Hoxe soñei que entraba na casa e estaba no sofá Miguel Bosé, tapadiño cunha manta, descansando das entrevistas da súa biografía. Trouxérao a irmá que era moi amiga miña e tamén estaba alí, vendo a tele. Algún intérprete de soños por aquí? 😵💫😵💫😵💫😵💫
— María Solar (@MariaSolar2) November 15, 2021
Soñei que estaba facendo un bizcocho de chocolate e xusto me sonou o despertador cando lle ía poñer UVAS
— Jowi🦖 (@pequenoghalopin) November 16, 2021
Por unha vez na miña vida fixen ben en despertar
hoxe soñei que na oficina de emprego (?) preguntábanme se era cis ou trans e eu dicíalle "ponlle aí cis xa o pensarei"???????????
— a pepa tixolo (@_Virgulinha) November 16, 2021
Hoxe soñei que estaba feito como de terra e podia plantarme semillas no corpo e ao final medraban flores e plantas era moi bonito a verda
— 𝔄𝔱𝔥𝔬𝔥 ⛄🌨🎄 (@atxoxx) November 16, 2021
Jaja esta noite soñei que me daba un ataque de ansiedade e levo con ansiedade dende que me levantei ole por fin mis sueños se hacen realidad 🥰🥰😊
— Cris Pumar (@ricochococris) November 17, 2021
Soñei que viña o famoso apagón, todo era un caos e coñecía a Adele que estaba de encargada na gasolineira de Alfonso Molina
— vítor (@victorsenmais) November 19, 2021
Soñei que o @OrestesO e mais eu iamos pasar o meu aniversario a Reikiavik e eu andaba cunhas botas brancas de panama jack con tacón e estaba angustiadísima por estar calzada así.
— a martuca: innecesaria y regional 🍁🌰🦊🍂 (@mvizaguirre) November 20, 2021
Pois esta noite pasada soñei que falaba con Kendrick Lamar, en galego.
— Pablo (@latorr_3) November 27, 2021
Soñei que un par de gays abrían unha estación de bus ao lado da intermodal, así en plan vintage
— ❄️ Inés (TFG's version 🧣🎄) (@einesleliadoura) November 29, 2021
Soñei que ía a Sevilla pero levaba roupa de abrigo como se fose Galiza e pasabao mal.
— Puta (@jellysparkling) November 29, 2021
Tonta ata nos soños.
Onte soñei que tiña un cabalo e tiña que mercar tea para facerlle un traxe
— 𝕱𝖊𝖗𝖆 𝕮𝖔𝖗𝖗𝖚𝖕𝖎𝖆 (@feracorrupia) December 1, 2021
Esta noite (máis ben esta mañá, antes do despertador) soñei que xogaban o Depor e o Ourense e eu quería ir cos dous á vez e non me deixaban. Isto sucedía nunha feira xigante na que estaba Rajoy comendo percebes.
— Andre (@andr3inha) December 3, 2021
E así son os meus fantabulosos soños.
Soñei que ía a unha librería, estaba pechada e na porta había un papelito que poñía “volvo en 10 minutos”. Soñei outra cousa e logo volvin ao soño da librería. Á mente ás veces é espectacular.
— Lididí (@LidiaDosil) December 4, 2021
Soñei que os Mestre Mateo se celebraban na miña casa da aldea. No descanso eu puña o pixama e quería mexar pero fregaran e entrei na cociña cos pantalóns medio baixados e desvarei.
— a Prado Rúa (@rua_prado) December 5, 2021
Despois alguén falou en ES e Y0land Díaz dixo:en galego!E eu: pois falas ti moito galego en Madrí!
hoxe soñei que vía unha película sobre a vida de Focault e que este tivera obesidade infantil, que os do seu pueblo lle pegaban na cabeza con sartenes e que tiña fobia ás bicicletas.
— Paula Doors (@mortemorridax) December 5, 2021
Esta noite soñei que lle pedía a Iago Aspas un autógrafo para un amigo e el vía o meu fondo de pantalla do Dépor e non mo quería firmar.
— Heredeira do Crush (@_coubert) December 7, 2021
Soñei que a Pantoja fora brutalmente asasinada porque era a líder dunha banda criminal de distribución de p*rn* afgán.
— Xan (@XanGf) December 15, 2021
Que me pasa na puta cabeza? 😳
Hoxe soñei que a Universidade de Xixón abría un campus en BURELA???
— O Carlos 🛰️🏳️🌈 (@dabarranca) December 18, 2021
Hoxe soñei que unhas xentes do BNG me ataban a unha cama para ver un desfile de cabezudos psicodélicos con máscaras de arlequín cunha versión nova do himno de Galiza de fondo. Tentei coller o teléfono para grabar a evidencia máis un can lambeume a man e non puiden.
— Galizai, seriedad siempre (@ImportacheGaliz) December 18, 2021
Soñei que era chófer da reina de Inglaterra, Isabel voy a por ti
— Zaida (@ZaidaTojo) December 21, 2021
eu: bua abrahan, soñei que tiñamos trillizos e tiñamos que telos METIDOS EN UN ARMARIO porque non se podía ter bebés porque o prohibirá Feijóo
— saría patiño ❤️🩹 (@silviacordero_) December 21, 2021
abrahan: podría pasar
Hoxe soñei que ia de festa e
— 𝕱𝖊𝖗𝖆 𝕮𝖔𝖗𝖗𝖚𝖕𝖎𝖆 (@feracorrupia) December 21, 2021
-Liabame cunha rapaza que era só unha cabeza e unha man e camiñaba coma a dos adams.
-Unha borracha contabame que en portugues é 'loja' pero en brasileiro e 'vendedeira'.
Soñei que pillaba Covid e despois que lía a Lacan. Non sei cal dos dous sería máis duro.
— Adri (@PerlaSmash) December 22, 2021
VINTE
Redacción