Rematamos o ano volvendo recompilar os soños máis tolos ou curiosos que as usuarias e usuarios de Twitter en galego compartiron durante este ano. Non foi nada fácil: a busca “soñei que” nesta rede devólvenos centos de soños, a cal máis revirado. Desde clásicos como a caída de dentes , soñar co ‘crush’ ou recibir avisos de USC Notas, ata visitas de persoeiros como Bad Gyal, Billie Eilish, James Rodhes ou Albert Rivera. Aquí vai unha selección, por orde cronolóxica. Seguide soñando en 2020.
A pasada noite soñei que había novas normas da RAG e tiñamos que empezar a falar galego con tempos compostos nos verbos. 🤦🏽♀️🤷🏽♀️ #imosmorrertodos pic.twitter.com/ALXX50eHHM
— Pat M.A.S. (@patmas16) January 3, 2019
Hoxe soñei que me quedaba embarazada por arte de maxia e que daba a luz ese mesmo día, pero querían quitarme o bebé porque era o anticristo e eu escondíame nuns baños públicos.
— Navidiña ❄️⛄️🎄💫 (@_anhiram_) January 13, 2019
Ao final, despistaba á peña que nos perseguía e, anos despois, o bebé medraba e era Bart Simpson.
Hoxe soñei que me matriculaba nun curso de non sei que e non podía chegar á primeira clase, confundírame de hora, chamo por teléfono para preguntar se podía recuperala outro día e contéstame a voz de AZNAR dicindo que quedaba expulsado do curso por mostrar pouco interese.
— Моисeс 🇸🇾 (@mrivadullagz) January 18, 2019
Hoxe soñei que tiña un dron e que o empregaba para atopar galpóns sen declarar e decirllo á Xunta. #Galiciacalidade #galiciamaxica
— Ra🛰️ (@MsRaquel_W) January 24, 2019
esta noite soñei que bad gyal viña actuar á aldea de miña abuela (que en plan son 4 casas) e me falaba por whatsapp para quedar conmigo
— aida (@aidarcarrera) January 29, 2019
Hoxe soñei que había dous maleantes na porta dunha casa, entraban e comezaban a roubar todo o que había dentro. Cando saían, non daban carrexado todo e chamaron (atentos ao xiro) a un glovo para que lles levase as cousas que estaban roubando xdd digno de Humans of Late Capitalism
— Ainoa Antelo (@afilladodemo) February 1, 2019
real que soñei que o meu crush me dicía "estoy enam-" e sóname a alarma
— Xmas Lady (@lauraa_r3) February 9, 2019
E SÓNAME A ALARMA
Esta noite soñei que estaba embarazada e me poñía de parto, e cando espertei era que tiña a vexiga cheísima. #todoben #fetén
— Sara (@rightobewrong) February 12, 2019
Hoxe soñei que vivía nun barco dentro dunha cafeteira e que nadaba en café.
— Filhoas (@foci_filhoa) February 22, 2019
Pero unha mañá que ía saltar dende o barco ao café, colábame polo pitorrito e morría nas borras do café. pic.twitter.com/2AKcPcHRw6
#HoxeEnSoñosRandom soñei que vacilaba a Albert Rivera por un grupo de whatsapp, e me decían que parara pq si nin ibase rallar e ibase ir
— Pinheirinha (@Julilovic_17) February 22, 2019
Soñei que o himno galego mudaba de melodía pola de killing in the name de rage against the machine
— 🐳 (@javierbalea) February 23, 2019
Hoxe soñei que nos defendiamos da apocalipse zombie levantando barricadas nas portas da muralla de #Lugo e estabamos de marabilla intramurallas matando zombies desde a cima
— Sara Te (@sara_te) February 23, 2019
Soñei que lle dábamos un perrete a Santiago Abascal cun collar que poñía "podemos" e literalmente lanzou ao can diante dun camión na carretera
— Xmas Lady (@lauraa_r3) March 14, 2019
Hoxe soñei que me sacaba selfis con Íñigo Errejón e Selena Gómez e nada que por aquí todo ben
— Miguel (@aqueleGz) March 19, 2019
Acabo de lembrar que hoxe soñei que levaba a @JRhodesPianist a #Mondoñedo (Lugo), ao bar no que pervive a receita da zorza de Rosa. Cando lle pedía un Cacaolat dicíame: Nela, ti sempre fas de guía nos teus soños? E espertei, claro. Con ganas de #zorza de Rosa e de coñecer a James pic.twitter.com/Vf9sRYK2Sj
— Nela Fraga 🛰️ (@nela_fraga) March 21, 2019
Hoxe soñei que viña Rosalía Malamente á Estrada e dicíalle que non me gustaba o que facía. Entón un montón de secuaces que ían detrás dela comezáronme a perseguir con antorchas e fouciños e a Rosalía Tratrá rindo por detrás
— marinha (@lacertida) April 5, 2019
De verdade, pasei medo
Cando pensedes en alguén con delirios de grandeza lebrádevos de min, que hoxe soñei que quedaba segundo nunha etapa do Tour de Francia correndo coa miña bici de trekking. Acababa en Monteferro, o cal sería o único realista se Louzán seguise na Deputación
— Alberto Leyenda (@AlbertoLeyenda) April 10, 2019
Hoxe soñei que me desaparecían 200 euros da conta bancaria. Convertinme oficialmente en vello
— Brais Doval (@BraisDoval) April 15, 2019
O outro día soñei que saía eu de presidenta. Bueno, que daba unha especie de golpe de estado para mandar eu, ao máis puro estilo nai: "a ver si vou ter que ir eu!" A girl can dream... pic.twitter.com/9JjC7y0eG1
— Sabela González (@BelukaGramatica) April 16, 2019
podedesme exlicar por que soñei que me tiraba a pablo casado!!!????? e dicialle eu solo te voto pq me gustas fisicamente pq os partidos que me representan de vdd son o bng ou o psoe JAJAJAJAJAJJAJAJA E QUE ESTOU PUTO FLIPANDOOO
— Xela🌜 (@anxelaaouteiro) April 16, 2019
hoxe soñei que tiña un romance con Pedro Sánchez.
— Hoolittla (@julitadecuenca) May 4, 2019
non volo recomendo, bica fatal 💔
hoxe soñei que me entraba un cantante de reggaetón comunista. ou sexa, supoño que el tamén o sería, pero refírome á temática da música.
— Pepa Tixolo 🌰 (@_Virgulinha) May 5, 2019
Hoxe soñei que Shirley MacLaine era a miña dentista e a min caíanseme todos os dentes. Vós que tal? pic.twitter.com/596Aciil2L
— BraisR (@BraisR) May 6, 2019
hoxe soñei que na casa dos meus avós de trabanca se facía un fiestón tremendo e ás 3 da mañá tiña que vir a ambulancia a por c tangana pq o pavo estaba na mierda
— carapuchinha 🎄 (@carapuchinhagz) May 9, 2019
Ai, parfavar, prométovos que soñei que @JRhodesPianist quería vir vivir a #Oleiros e falaba comigo para que lle recomendase que parroquia era a mellor 🤪 Eu non sei se me está a afectar máis a precampaña ou isto das redes sociais 😰🤯
— Fran Rei García 🏳️🌈📣🎗️ (@xico_de_nelhe) May 9, 2019
Acábome de acordar de que hoxe soñei que via a Iker Jiménez e Carmen Porter na porta da casa dos meus avós comendo paxaros vivos. Ían sacándolles partes para comelas ata que quedaba o tronco e o tiraban mentras o paxaro aínda vivía. Eu indignábame moitísimo e eles mirábanme...
— Undead_Mole (@Ser_RP) May 14, 2019
Esta noite soñei que o crush era meu mozo, imaxínate a decepción cando desperto, son as 8:30am e estou igual de soa que sempre na miña cama de 90.
— VenbailarCarmiña (@bailacarminha) May 23, 2019
Hoxe soñei que Ortiga era meu mozo e estaba mazo feliz
— Juls (@JuliaAlonsoB) June 3, 2019
Pois eu hoxe soñei que alguen me tiraba allos (pero nivel varias cabezas enteiras atadas) e eu dicia: "oh, que ben, así non os teño que comprar". Coma se eu mercase allos xD.
— Pituclé♀️ (@c_pitucle) June 3, 2019
Hoxe soñei que vía a Billie Eilish no Mercadona e non me atrevía a pedirlle unha foto, pero viume facer o amago de acercarme a ela e girouse e eu taba escapando pero como se girou pois sacamos a foto :)
— xmassy CÉS 🎄🎊✨🎁❤️💚 (@cessarrg) June 8, 2019
Hoxe soñei que me levantaba no medio da noite e @Beyonce estaba sentada no meu sofá brillando coma se fose unha bombilla, daba puto medo.
— Belén G. Ojea (@AraxielDoyel) June 12, 2019
Decíame que sacase a basura, así en galego e enfadada 🤷♀️ pic.twitter.com/ZKa4SfqSa0
Soñei que lle facía unha moción de censura a Feijóo.
— 🛰 Iria Bouzas 💙 🎗 (@Iriagal) June 25, 2019
Non é brincadeira. Soñei iso.
Hoxe soñei que iba ao super, compraba conguitos e volvía pa cama a comer os conguitos.
— Martín (@martincampello) June 29, 2019
Nada máis, fácil, simple, 10 horas de pura fantasía.
Esta noite soñei que ía en coche con @gabrielrufian (conducía el) e parabamos nunha tenda de deportes mercar unhas camisetas de Cataluña. Non había da nosa talla. Eu merquei a de Arxentina do 1998 el a do @RCDeportivo das Letras Galegas. Así si Gabriel! 🤷🏼♂️
— Bullock R. (@Eu_Bullock) July 11, 2019
Hoxe soñei:
— Uxía Oviedo (@uxia_oviedo) July 11, 2019
Que vía a Panorama
Que mandaba a un par de fachas a merda
Que estaba no Sonorama
Que me cruzaba con Eladio Santos
Que era moi feliz
E despertoume o meu irmau porque lle sangraban as narices pic.twitter.com/ekmVserDJw
Esta noite soñei que iba a Riazor e á hora de sacar un córner eu non paraba de berrar “AKETXE, DONDE ESTÁ AKETXEEEE??” pero non marcaban. Despois, Dani Giménez sacaba de portería, o balón chegaba á portería contraria, batía no largueiro, despois no chan e entraba.
— Alba (@_coubert) July 30, 2019
Hoxe soñei que Martiño Rivas me chamaba para recitarme por teléfono poemas de seu pai. Literalmente, collía o teléfono, el dicía: "son Martiño Rivas" e empezaba a recitar coma se nada. pic.twitter.com/14hWOLq0Lq
— Nhoqui (@Nhoqui4) August 31, 2019
Hoxe soñei que para Rafinha volvera ao Celta, Sisto tiña que fichar polo Alavés. Entón encomendábanme a min levalo en coche a Vitoria e convencelo. Oito horas de viaxe pegándome a turra co de comer fruta. Me cago en su puta madre. Levanteime e almorcei sandía.
— Perico (@caropericolo) September 1, 2019
hoxe soñei que billie eilish, que era amiga da familia, facía unha colabo co miguel mosqueira
— 🏗️® (@_ghelipollas) September 6, 2019
soñei que iba a un concierto de lady gaga e a xente estaba como nunha piscina sin fondo e eu de pé ca miña familia nunha esquina, e lady gaga como se se bebera unha botella enteira do vodka de mercadona ela sola vai e pilla a miña nai pa bailar e eu morrendo da vergonza
— jingle mieczysław🎄🌟❄️🎁 (@nerrdallas) September 7, 2019
Hoxe soñei que as miñas lentes de contacto estaban feitas de atún.
— serióloga (@seriologa) September 11, 2019
hoxe soñei que fodía con austin mahone enriba da mesa da miña cosiña vos que tal
— noa (@noacastro_) September 19, 2019
Hai uns días, antes incluso de saber que Angel Olsen sacaba disco novo, soñei que Óliver Laxe quería contactar con ela porque lle interesaba dirixir o seu novo videoclip... e na semana poslanzamento de All Mirrors e preestreno de O QUE ARDE non podo parar de pensar nisto pic.twitter.com/7dimQf0uMY
— David González (@dgonzalezmtez) October 9, 2019
#Hoxeensoñosrandom soñei que traballaba para Donald Trump e me mandaba ao Gadis de traxe e con 200 euros a collerlle unha empanada de bacon
— Franti🌙☀️ (@FrantiInsua) October 18, 2019
hoxe durmindo medio borracha soñei que iba a unha festa com bella e gigi hadid no americans e NAS DEIXABAN PASAR
— Nunu (@Nuria_Noya) October 21, 2019
soñei que estaba a punto de morrer e todo ok pero entón decateime de que nunca vira un chimpancé e agobieime moito
— ? (@ayquetristeza) November 10, 2019
Soñei que tiña dous cans e que lle queria a un mais que ao outro.
— Jazúh (@Jesus_Mayoo) November 24, 2019
Síntome a peor persona do mundo.
Soñei que estaba vendo a lotería e que o número do gordo era o 3456, podo ser máis básica?
— Lidia (@LidiaDosil) December 13, 2019
Hoxe soñei que @KylieJenner viña ata Carballo e que ibamos o centro xuntas tomar algo.
— Albita hasta as cejas (@Alba99gomez) December 21, 2019
Porque soño estas cousas?
Hoxe soñei que estaba nun pobo de Corea do Sur pero era como Esteiro. Socorro algo me pasa en el serebro
— baroneSA BE LA birra (@SabelaMBrea) December 23, 2019
Hoxe soñei que me chegaba un usc.notas con un 4.5.
— BATMAN (@Cristian_Vortex) December 26, 2019
USC por favor deixame dormir tranquilo polo menos.
O meu subconsciente mezclou La tumba de las luciérnagas con Abel Caballero🙃
— MARINAAA (@MarinaaVilela) December 30, 2019
Soñei que cada vez que se escoitaba a súa voz polos altavoces, había que ir a un refuxio en Vigo.

VINTE
Redacción