Exército Mekemeke. Viaxes escolares
Vinte estrea colaboración co Exército Mekemeke, a parroquia máis grande de internet. Cada semana ofreceremos o videopodcast dirixido por Carlos Vieito, que conversa con Lidia Veiga e Miguel Abad desde o seu ‘meke rocho’. Nós sumámonos agora pero esta xente xa leva tres temporadas completas a parolar con moito xeito.
Esta semana, no Exército Mekemeke falan de viaxes escolares. Lembras esas viaxes en bus onde o importante non era o destino, senón con quen sentabas? Neste episodio, os mekemekes reviven as anécdotas máis surrealistas, os momentos máis vergoñentos e as historias que só podían ocorrer nunha excursión coa escola. Dende profes desesperadxs ata o compañeiro que sempre se perdía, este podcast é un billete de ida á risa e á nostalxia.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.
Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.