Exército Mekemeke. Un cento de risas
Episodio especial número 100! Como todo aniversario que se prece, celebrámolo con risas e momentos icónicos. Os mekemekes repasan os mellores instantes do programa, reviven anécdotas surrealistas e enfróntanse ao seu inimigo aférrimo, Ultraheroe.
Neste episodio, aparecerá un convidado sorpresa que arrincará confesións inéditas que non deberían saír á luz. Prepárate para un episodio especial cheo de risas.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.
Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.