Exército Mekemeke. Cremiña solar no chiringuito de praia
O verán está cheo de pequenos rituais que todos recoñecemos e que fan desta estación algo máxico.
Neste derradeiro programa de tempada os mekemekes recordan esas experiencias universais que nos acompañan cada ano: dende a eterna loita por conseguir un bronceado digno de revista (aínda que o resultado final sexa máis propio dun gambón cocido), ata a desesperada carreira contra o tempo para lamber un xeado antes de que se converta nunha poza pegañenta. E que dicir da vibe única dos chiringuitos, onde se mesturan o son das ondas, o tintineo dos vasos e ese cheiro inconfundible a crema solar e salitre.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.
Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.