Exército Mekemeke 5x18. Festas populares
A loita por atopar mesa na carpa, o ritual do licorcafé ás tantas, a orquestra que toca o mesmo pasodobre tres veces na mesma noite, o momento da "putivolta" que acaba en despedida ata de madrugada, e a inevitable resaca ao día seguinte.
Todo isto sazonado con diálogos onde se debaten cuestións esenciais como "é mellor a orquestra Olympus ou a París de Noia?" e cunha reflexión final sobre por que, malia todo, nunca fallamos a unha destas festas.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.