Exército Mekemeke 5x20. As crenzas
Neste episodio os mekemekes admiten crenzas que non confesarían nin borrachos nunha primeira cita: desde xurar que as chaves se perden porque “todo está conectado… pero o universo ten malicia”, ata confesar que un de nós segue saudando aos picaportes “por se acaso” despois de que unha porta se pechase soa.
Debaten tamén a norma máis absurda para unha relixión propia (obrigatorio: comer queixo) e analízase a teoría máis ridícula sobre o universo: que a morte é como apagar o WiFi… e que ás veces, se te moves moi amodo, reconectas.
Finalmente, repasamos rituais vergoñentos feitos “por se acaso funcionaba”, como dar cabezazos aos compas de curro.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e nesta quinta temporada, co Xubi.
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.